Os Lotte Giants (롯데 자이언츠) son un equipo profesional coreano de béisbol con sede en Busan, Yeongnam. O club compite na KBO League como membro da división Dream All-Stars, sendo un dos clubs fundadores da liga. Os Lotte Giants son propiedade do conglomerado coreano-xaponés Lotte, o cal tamén posúe aos Chiba Lotte Marines da Nippon Professional Baseball.

Desde 1982 até 1986 utilizaron como estadio local o Gudeok Baseball Stadium, xogando desde aquela no Sajik Baseball Stadium. Os seus maiores éxitos deportivos son os seus dous títulos da KBO, os cales conseguiron en 1984 e 1992. Durante a temporada 2009 acudiron a ver os partidos dos Giants 1,38 millóns de espectadores, sendo este o maior número de asistentes nunha soa temporada para calquera equipo de todo o deporte coreano. Habitualmente, o equipo recibe o nome Gaivotas de Busan (부산 갈매기), xa que este é o paxaro oficial da cidade. Casualmente, a mascota dos Chiba Lotte Marines é tamén unha gaivota.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos da KBO League Categoría:Equipos de béisbol de Corea do Sur