Juan Ares López, Pallares, nado en Andrade (Pontedeume) cara a 1902 e finado en Campolongo o 27 de xullo de 1964,La Voz de Galicia, 28-7-1964, p. 12. foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Veciño de Nogueirosa. Presidente da Sociedad Progreso de Agricultores de Nogueirosa, presidiu tamén a Sociedad Agrícola Comarcal del Este de La Coruña, que agrupaba a 12 entidades dos concellos de Pontedeume e Miño. Membro de Izquierda Republicana, co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Pontedeume e elixido tenente de alcalde.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro do Comité de Defensa da República e participou no intento de deter as tropas sublevadas que avanzaron dende Ferrol para tomar a vila de Pontedeume o 21 de xullo. Logrou agocharse no seu domicilio durante máis de once anos e despois fuxiu ao monte. Foi enlace do grupo de José Vázquez Mauriz e despois de Ramiro Martínez López. Rendeuse á Garda Civil en maio de 1949. Foi procesado e saíu absolto. Finou en 1964 con 62 anos. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Concelleiros de Pontedeume Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1964