A 97ª edición da Volta a Cataluña disputouse en Cataluña entre o 20 e o 26 de marzo de 2017. Foi a novena proba do UCI WorldTour 2017. Deu comezo na vila de Calella da mesma maneira que o fixera na edición 2016 e acabou no clásico circuíto que se realiza en Montjuïc, Barcelona.
A carreira venceuna por segunda ocasión na súa carreira deportiva o murciano do Movistar Team, Alejandro Valverde. Nunha volta épica, o exitoso ciclista español venceu na clasificación da montaña, quedou segundo nunha etapa ao sprint e gañou outras 4: 2 de montaña con final en alto, a final ao sprint e unha contra o reloxo por equipos, que posteriormente lles quitaron e penalizaron con 1 minuto por un presunto empuxón entre corredores de equipo. Aínda con esta penalización dun minuto quitoulle outro ao segundo clasificado, Alberto Contador. Detrás súa rematou a xove promesa catalá e compañeiro de equipo do murciano Marc Soler que venceu na clasificación dos xoves e dos cataláns.
En canto ao resto das clasificacións secundarias, o francés Pierre Rolland levou a das metas volantes e o Movistar Team a dos equipos.
Equipos Nesta proba tomaron parte 25 conxuntos distintos con 8 corredores: os 18 do UCI WorldTour (de participación obrigada), máis 7 convidados de categoría Profesional Continental, dos cales o Team Manzana Postobón e o Soul Brasil Pro Cycling se estreaban nunha carreira da categoría WorldTour.
Equipo Código Categoría AG2R La Mondiale ALM UCI WorldTour Astana AST UCI WorldTour Bahrain-Merida TBM UCI WorldTour BMC Racing Team BMC UCI WorldTour Bora-Hansgrohe BOH UCI WorldTour Caja Rural-Seguros RGA CJR Prof. Continental Cannondale-Drapac CPT UCI WorldTour CCC Polsat Polkowice CCC Prof. Continental Cofidis COF Prof. Continental Team Dimension Data DDD UCI WorldTour FDJ FDJ UCI WorldTour Team Katusha-Alpecin KAT UCI WorldTour Lotto-Soudal LTS UCI WorldTour Team LottoNL-Jumbo TLJ UCI WorldTour Team Manzana Postobón MZN Prof. Continental Movistar Team MOV UCI WorldTour Orica-Scott ORS UCI WorldTour Quick-Step Floors QST UCI WorldTour Roompot–Nederlandse Loterij ROO Prof. Continental Team Sky SKY UCI WorldTour Soul Brasil Pro Cycling SOU Prof. Continental Team Sunweb SUN UCI WorldTour Trek-Segafredo TFS UCI WorldTour UAE Team Emirates UAD UCI WorldTour Wanty-Group Gobert WGG Prof. Continental
Etapas Etapa Data Percorrido km Gañador Líder 1.ª 20 de marzo Calella-Calella 16px|Etapa de media montaña 178,9 Davide Cimolai Davide Cimolai 2.ª 21 de marzo Banyoles-Banyoles 16px 41,3 (CRE) BMC Racing Team1 Ben Hermans1 3.ª 22 de marzo Mataró-La Molina 16px|Etapa de montaña 188,3 Alejandro Valverde Tejay van Garderen 4.ª 23 de marzo La Seu d'Urgell-Igualada 2 136,1 Nacer Bouhanni Tejay van Garderen 5.ª 24 de marzo Valls-Lo Port 16px|Etapa de montaña 182 Alejandro Valverde Alejandro Valverde 6.ª 25 de marzo Tortosa-Reus 16px|Etapa de media montaña 189,7 Daryl Impey Alejandro Valverde 7.ª 26 de marzo Barcelona-Barcelona 138,7 Alejandro Valverde Alejandro Valverde Total 1.055 Alejandro Valverde
1Estes foron os premiados da etapa, logo da sanción de 1 minuto imposta ao Movistar Team
2A etapa 4 foi acurtada dende os 194,3 km planeados debido ao mal tempo
Clasificación xeral A seguinte táboa amosa os dez mellores clasificados da xeral á fin da carreira: PosiciónCiclistaEquipoTempo 25px Nairo Quintana 25px Movistar Team 25h 27' 15" 2 Alberto Contador Trek-Segafredo + 1' 03" 3 Marc Soler 25px Movistar Team + 1' 16" 4 Adam Yates Orica-Scott + 1' 31" 5 Tejay van Garderen BMC Racing Team + 1' 34" 6 Dan Martin Quick-Step Floors + 2' 29" 7 Steven Kruijswijk Team LottoNL-Jumbo + 2' 56" 8 Carlos Verona Orica-Scott + 3' 00" 9 George Bennett Team LottoNL-Jumbo + 3' 01" 10 Romain Bardet AG2R La Mondiale + 3' 05"
Outras clasificacións Clasificación da montaña Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Alejandro Valverde 25px Movistar 105 2 Chris Froome Sky 50 3 Marc Soler 25px Movistar 49
Clasificación das metas voantes Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Pierre Rolland Cannondale 13 2 Pieter Serry Quick-Step 5 3 Thomas De Gendt Lotto 3
Clasificación dos xoves Pos.CiclistaEquipoPuntos 25px Marc Soler Movistar 30h 51' 20" 2 Adam Yates Orica + 15" 3 Carlos Verona Orica + 1' 44"
Clasificación por equipos Pos.EquipoTempo 25px Movistar 76h 29' 25" 2 Cannondale + 13' 28" 3 LottoNL-Jumbo + 16' 27"
Véxase tamén Outros artigos Volta a Cataluña
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Volta a Cataluña Categoría:Ciclismo en 2017