As ocrófitas, ou Ochrophyta, é o grupo de heterocontos fotosintetizadores. Inclúe ás algas pardas (Phaeophyceae), algas douradas (Chrysophyceae e Synurophyceae) e algas amarelo-verdosas (Xanthophyceae).
Case todos os grupos das ocrófitas son unicelulares e/ou coloniais. Algúns grupos son de organismos unicelulares picoplanctónicos (menores de 3 μm). É un grupo amplo en número de especies e diversidade filoxenética presente en medios terrestres e acuáticos, en especial nas zonas fóticas e bentónicas dos océanos. Porén, algúns grupos viven en solos húmidos e no musgo.
A clasificación do grupo aínda non está claramente definida. Algúns autores dividen o grupo en dous sub-filos: Phaeista Cavalier-Smith 1995 (que abrangue aos Hypogyristea e Chrysista nunhas clasificacións ou Limnista e Marista noutras) e Khakista Cavalier-Smith, 2000 (que abrangue as Bolidomonas e diatomeas)
Filoxenia Unha clasificación baseada en publicacións de 2015 e 2016 é a seguinte:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ligazóns externas Ochrophyta en Algaebase Ochrophyta en World Register of Marine Species (WoRMS)