Os bretóns son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualla, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.
A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas. A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e de forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Léon Fleuriot, Les origines de la Bretagne, Bibliothèque historique Payot, 1980, París, (ISBN 2-228-12711-6) Christian Y. M. Kerboul, Les royaumes brittoniques au Très Haut Moyen Âge, Éditions du Pontig/Coop Breizh, Sautron – Spézet, 1997, (ISBN 2-84346-030-1) Morvan Lebesque, Comment peut-on être Breton ? Essai sur la démocratie française, Éditions du Seuil, coll. « Points », París, 1983, (ISBN 2-02-006697-1) Myles Dillon, Nora Kershaw Chadwick, Christian-J. Guyonvarc'h e Françoise Le Roux, Les Royaumes celtiques, Éditions Armeline, Crozon, 2001, (ISBN 2-910878-13-9).
Outros artigos Nacións celtas Grupos étnicos de Europa
Categoría:Grupos étnicos de Francia