Zygomycota (antes Zygomycetes, cigomicetos) é unha antiga división do reino Fungi. Os seus membros están agora clasificados nos filos Mucoromycota e Zoopagomycota. Coñécense aproximadamente 1.060 especies. Os fungos pertencentes ao fío Zygomycota caracterízanse por formar cigósporas con grosas paredes, de orixe sexual e esporangiosporas non nadadoras, de orixe asexual. O mofo negro do pan (Rhizopus nigricans), un representante ben coñecido deste grupo da orde Mucorales, produce masas de hifas sobre pan, froita e outros alimentos deteriorados.O corpo deste fungo, composto de hifas non septadas (cenocíticas), mostra que a pesar dunha pequena diferenciación celular entre os fungos, as hifas poden especializarse por varios propósitos. Os fungos da orde Entomoftorales son parasitos das moscas, protisas miniaturas e doutros insectos. Son organismos de nutrición saprófita, aliméntanse de restos de plantas e animais do chan. Teñen esporanxiosporas sinxelas dentro duns receptáculos; no interior de cada un deles desenvólvense unhas estruturas que chegan a independizarse e funcionar como conidios. A orde Zoopagales comprende fungos parasitos de amebas, nemátodos e artrópodos.

Este tipo de fungos producen esporas asexuais dentro dos esporanxios, e durante a reprodución sexual, fórmase unha cigóspora con paredes de resistencia, na que ocorrerá a meiose.

A maioría dos fungos coñecidos como mofo, como os do pan ou a froita, pertencen a esta división.

Filoxenia Zygomycota é un grao ou grupo parafilético que representa a etapa máis temperá da evolución do clado Amastigomycota. A súa filoxenia mostra que a maioría de subfilos tamén son parafiléticos, resumindo as relacións a nivel de ordes do seguinte modo:Merlin M. White et al. 2006, Phylogeny of the Zygomycota based on nuclear ribosomal sequence data.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Zygomycota na Árbore do Life Web Project Mader S. Sylvia “Bioloxía” 9ª edición. McGrawHill

Outros artigos Cigomicose

Categoría:Zygomycota