Alain Dubois, nado o 4 de xuño de 1948, é un herpetólogo francés.

Traxectoria Docteur d'Etat (Doutor de Estado) en zooloxía, é profesor de zooloxía e foi director do Laboratoire reptiles-amphibiens (Laboratorio de herpetoloxía) do Museo Nacional de Historia Natural de Francia (MNHN) de París.Alain Dubois en peerj.com .

Especialista na sistemática de anfibios, da nomenclatura e taxonomía zoolóxica e de terminoloxía biolóxica. Foi director do laboratorio de Herpetoloxía da MNHN. Foi xefe de redacción das revistas Amphibia Reptilia e Alytes,xefe de redacción de Bionomina e editor de nomenclatura de Zootaxa.

Alain Dubois está especializado no estudo dos anfibios actuais e é coñecido por ser o autor de notábeis traballos sobre a súa taxonomía, a súa evolución e a súa bioxeografía.

É tamén autor de traballos sobre a noción de xénero en bioloxía como Le genre en zoologie: essai de systématique théorique (1988). Foi un dos membros fundadores da Société Française de Systématique (Sociedade Francesa de Sistemática).

A el débese a descrición dunha nova suborde de urodelos, a dos sirenoideos (Sirenoidea), aínda non aceptada por todos os autores.

Na actualidade é coordinador de grupo e especialista taxonómico en Fauna Europaea.

Taxons descritos Conrauidae Pristimantinae Raorchestes Sirenoidea

Abreviatura A abreviatura Dubois emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alain Dubois (2012): Jean Rostand: biologiste contre le nucléaire. París: Berg International Éditeurs. ISBN 978-2-9171-9149-1.

Ligazóns externas

Lista de publicacións

Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en París