Peterhead (, ) é unha vila de Aberdeenshire, Escocia. É a localidade máis poboada de Aberdeenshire (administración municipal á que non pertence a cidade de Aberdeen), cunha poboación de 18.537 habitantes segundo o censo de 2011.

Peterhead constitúe o asentamento máis ao leste de Escocia coa excepción das illas do Mar do Norte.

Historia Peterhead foi fundada por pescadores. En 1593 a construción do primeiro porto, Port Henry, animou o desenvolvemento de Peterhead como porto pesqueiro e estabeleceuno como base para o comercio.

Notas

Categoría:Cidades e vilas de Escocia