Non confundir coa familia Paséridos (Passeridae).
A dos paséridos (Passerida) é unha infraorde de aves paseriformes da subordo dos Passeri ou oscines (paxaros cantores) que comprende unhas 3 500 especies, cerca de 36 % de todas as especie de paxaros existentes.
Distribución As especies desta infraorde teñen unha distribución case cosmopolita estando difundidos por todos os continentes execepto a Antártida.
Bioloxía O grupo evolucionou de especies con hábitos alimentarios tipicamente insectívoros, pero inclúe unha gran variedade de especies granívoras, fruxívoras, nectarívoras e omnívoras.
Taxonomía
A clasificación das paseriformes de Sibley e Ahlquist (1990) propoñía a subdivisión dos paséridos en tres grandes superfamilias: Muscicapoidea, Sylvioidea e Passeroidea.Sibley C. G. & Ahlquist J. E. (1990): Phylogeny and Classification of Birds. A Study in Molecular Evolution. New Haven and London: Yale University Press.
Aínda que en termos xenerais o carácter monofilético do grupo foi confirmado por varios estudos posteriores, non todas as familias incluídas nos paséridos de Sibley actualmente forman parte deles.
Superfamilias Actualmente admítense xeralmente que a infraorde comprende as superfamilias seguintes: Callaeoidea Melanocharitoidea Cnemophiloidea Petroicoidea Picathartoidea Hyliotoidea Paroidea Sylvioidea Reguloidea Bombycilloidea Certhioidea Muscicapoidea Passeroidea
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ericson, P. G. P. & Johansson, U. S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 126–138. Johansson, U. S., Fjeldså, J. & Bowie, R. C. K. (2008): "Phylogenetic relationships within Passerida (Aves: Passeriformes): a review and a new molecular phylogeny based on three nuclear intron markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 48: 858–876. Jønsson, K. A. & Fjeldså, J. (2006): "A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri)". Zoologica Scripta 35: 149–186.
Categoría:Paseriformes