Jon Edward Ahlquist, nado en 1944,Theodore W. Pietsch (2012): Trees of Life: A Visual History of Evolution. Baltimorte, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press, p. 275. é un biólogo molecular e ornitólogo estadounidense.

Traxectoria

Especializado en filoxenética molecular, desde 1987 colaborou amplamente con Charles Sibley, na Universidade Yale.

En xaneiro de 1991 (a miúido citada como de 1990), Charles Sibley e Ahlquist publcaron Phylogeny and Classification of Birds, na que presentaban unha nova filoxenia para as aves baseada nas técnicas de hibridación ADN-ADN, coñecida como a taxonomía de Sibley-Ahlquist.

Nesa época era profesor asociado de zooloxía na Universidade de Ohio. En 1999, Ahlquist retirouse.

Principais publicacións Charles Gald Sibely & Jon Edward Ahlquist (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press. Charles G. Sibley, Jon Edward Ahlquist & Burt L. Monroe, Jr. (1988): A Classification of the living birds of the world based on DNA-DNA Hybridization studies. The Auk 105 (3): 409-423. PDF

Honores En 1988, conxuntamente co seu colega, amigo e estreito colaborador Charles Sibley, foi galardoado pola National Academy of Sciences dos Estados Unidos coa Medalla Daniel Giraud Elliot, pola aplicación de técnicas de hibridación do ADN-ADN para a clasificación das aves, que revolucionou a taxonomía ao mostrar como distinguir as relacións evolutivas das similitudes converxentes.Awards. Daniel Giraud Elliot Medal.

Abreviatura A abreviatura Ahlquist emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Charles Sibley

Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1944 Categoría:Ornitólogos dos Estados Unidos de América