Leopoldina Fortunati, nada o 18 de xullo de 1949 en Dolo (provincia de Venecia, Italia),Ficha da autora . é unha feminista, teórica e autora italiana. Entre as súas influencias están Mariarosa Dalla Costa, Antonio Negri, e Karl Marx.
Traxectoria É a autora de L'arcano della riproduzione: Casalinghe, prostitute, operai e capitale, unha crítica feminista de Marx.
Leopoldina Fortunati ensina Socioloxía da Comunicación e Socioloxía dos Procesos Culturais na Facultade de Educación da Universidade de Udine, Italia. Realizou unha ampla investigación nos estudos de xénero, os procesos culturais e as tecnoloxías de comunicación e información.
Fortunati é autora de varios libros, entre eles The Arcane of Reproduction (Autonomedia, 1995) e I mostri nell’immaginario (Angeli, 1995), e é a editora de Gli Italiani al telefono (Angeli, 1995) e Telecomunicando in Europa (1998), e xunto a J. Katz e R. Riccini de Mediating the Human Body. Technology, Communication and Fashion (2003). Publicou moitos artigos en xornais como The Information Society, Information, Communication, Society, Réseaux, Trends in communication, Revista de Estudios de Juventud, Widerspruche, Personal and Ubiquitous computing, Gazette. The International Journal for Communication Studies, Sociologia dell'informazione, e Problemi dell'informazione. Os seus traballos foron publicados en nove linguas: chinés, inglés, francés, alemán, italiano, xaponés, coreano, ruso, e español.
É editora asociada do xornal The Information Society,"TIS Associate Editors", The Information Society. Consultado o 13 de marzo de 2010. forma parte do consello asesor do xornal New Media and Society, e traballa como crítica no xornal Communication, Information, Society e Journal for the Theory of Social Behaviour. Representa a Italia no COST Comité Técnico para as Humanidades e as Ciencias Sociais e na acción COST A20 "O Impacto de Internet nos Mass Media en Europa". Formou parte do proxecto de investigación europeo SIGIS "Estatexias de Inclusión: Xénero e a Sociedade da Información" e do COST248 "O Futuro das Usuarias/os das Telecomunicacións Europeas" e foi a vicepresidenta de COST269 "Aspectos das Usuarios/os das TIC". É a copresidenta da asociación internacional "A Sociedade para o Estudo Social da Comunicación Móbil" (SSSMC)Members , Sociedade para o Estudo Social da Comunicación Móbil (SSSMC). Consultado o 13 de marzo de 2010 que pretende facilitar o avance internacional dos estudos interdiciplinares sobre a comunicación móbil. Organizou varios seminarios e conferencias internacionais.
Obra Leopoldina Fortunati, The Arcane of Reproduction: Housework, Prostitution, Labor and Capital (Nova York: Autonomedia, 1996). Leopoldina Fortunati, "Learning to Struggle: My Story Between Workerism and Feminism", Viewpoint Magazine 3 (setembro de 2013).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Maya Gonzales, "The Gendered Circuit: Reading The Arcane of Reproduction", Viewpoint Magazine 3 (Setembro de 2013).
Ligazóns externas Personal web page, Universidade de Udine
Categoría:Escritores de Italia Categoría:Feministas de Italia Categoría:Sociólogos de Italia Categoría:Nados na provincia de Venecia Categoría:Nados en 1949