Edgar Reinaldo Ferreira, nado en Barcelona o 20 de marzo de 1922 e finado en Maputo o 30 de xuño de 1959, foi un escritor portugués.

Traxectoria Fillo do xornalista Reinaldo Ferreira, coñecido como Repórter X, viviu ata os 19 en Portugal. En 1941 trasladouse coa súa familia a Mozambique e logo de rematar o ensino secundario entrou na administración colonial. A partir de 1947 publicou poemas na prensa local e en revistas literarias, adaptou para a radio pezas teatrais e escribiu letras de cancións que se fixeron populares.

Na súa poesía Ferreira móstrase comprometido coa poboación máis marxinada e desfavorecida. Parte da súa obra recóllese en Poemas que se publicou postumamente en 1960.

Véxase tamén

Ligazóns externas Poesia Completa de Reinaldo Ferreira Reinaldo Ferreira, poeta portugués

Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1959