Asta Regia (ou Hasta Regia) foi unha antiga cidade cuxos restos arqueolóxicos localízanse na barriada rural de Mesas de Asta en Xerez da Fronteira (Andalucía, España). Atópase na estrada A-2000, que une Xerez e Trebujena, a uns 11 km do centro de Xerez.

Foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC), baixo a categoría de Zona Arqueolóxica, no ano 2000.

Traxectoria Os restos foron descubertos polo historiador xerezano Manuel Esteve Guerrero contra 1942, que realizou varias campañas de escavación nas décadas de 1940 e até 1956. Na década de 1990 descubriuse a necrópole e, recentemente, houbo unha serie de campañas por investigadores da Universidade de Cádiz nas que se está un xeoradar de última xeración para realizar unha arqueoloxía non invasiva, escaneando e recreando en 3D os materiais existentes a uns 4 metros de profundidade.

Historia Existen indicios de presenza humana desde o Neolítico e foi habitado por tartesios, fenicios, turdetanos, romanos e árabes, os seus derradeiros poboadores históricos. Mesmo algún erudito local ten formulado a hipótese de que fose a Atlántida, ao atoparse nunha zona inundable entre as desembocaduras dos ríos Guadalquivir e Guadalete.

Porén, os estudosos da historia afirman que en época romana a cidade tivo maior importancia que Baelo Claudia ou Itálica, de aí o seu apelativo de "Regia" e fora mencionada por Estrabón ou Pomponio Mela como un importante porto marítimo. Igualmente, atopáronse na zona diversas placas con inscricións latinas, e tamén foron atopados restos da ocupación islámica, datada entre os séculos X e XIII.

A maioría das pezas e restos arqueolóxicos atopadados en Asta Regia dende as escavacións de Esteve, conforman a maior parte das pezas exposta no Museo Arqueolóxico de Xerez.

Propiedade O xacemento, de 60 hectáreas de extensión máis 32 de necrópole,Sánchez & Santiago (2010), p. 169 é actualmente propiedade privada, e semella que non existe interese por parte das administracións públicas en adquirilo para escavalo e protexelo a pesar de haberse identificado novas edificacións soterradas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Esteve Guerrero, Manuel (1945). Excavaciones de Asta Regia (Mesas de Asta, Jerez). Campaña 1942-43. Acta Arqueológica Hispánica III. Comisaría General de Excavaciones Arqueológicas. Madrid. Esteve Guerrero, Manuel (1950). Excavaciones de Asta Regia (Mesas de Asta, Jerez). Campaña 1945-46. Informes y Memorias de la Comisaría de Excavaciones Arqueológicas, 22. Madrid. Esteve Guerrero, Manuel (1962). Excavaciones de Asta Regia (Mesas de Asta, Jerez). Campaña 1949-50 y 1955-1956. Centro de Estudios Históricos Jerezanos nº 19. Xerez da Fronteira.

Ligazóns externas I Xornadas Monográficas de Hasta Regia Muralla de Hasta Regia en castelos.net Hasta Regia no Centro de Estudos Históricos Xerezanos Hasta Regia, o desenvolvemento dun reino Turdetano Organización social (España) Período prerromano, en ArteHistoria Caída turdetana Vídeo sobre o xacemento

Categoría:Bens de Interese Cultural de Andalucía Categoría:Sitios arqueolóxicos de Andalucía Categoría:Turdetanos