O parque empresarial da Laracha é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada entre as parroquias de Lendo e Cabovilaño, no concello da Laracha, desenvolvida por Suelo Empresarial del Atlántico.

Historia A infraestrutura foi proxectada dentro do "Plano Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia", aprobado definitivamente o 27 de maio de 2004. En xuño de 2008 recibiu o visto e prace da Consellaría de Medio Ambiente. A súa urbanización haberíase conformar en torno a dúas factorías preexistentes: a siderúrxica Celsa Atlantic e a cerámica Epifanio Campo.

Finalmente foi inaugurado a comezos do ano 2012 polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo e a daquela ministra de Fomento Ana Pastor Julián.

A finais de maio de 2017 a empresa téxtil Inditex anunciou un investimento de 57 millóns de euros para a adquisición de terreos e construción dunha nova plataforma loxística no polígono. Inditex mercou 26 parcelas, uns 218 000 m², para construír unha plataforma loxística para a recepción, almacenamento e clasificación de tecidos e accesorios.

Características Superficie bruta: 825 249 m² Superficie neta: 537 925 m² Edificabilidade industrial: 326 199 m² Edificabilidade terciario-mixto: 240 865 m² Edificabilidade total: 567 064 m²

Accesos AG-55: saída 22 AC-552 - A Laracha AC-552: rotonda no Cancelo de Abaixo dirección P. E. A Laracha

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web de Suelo Empresarial del Atlántico Ficha na web do IGAPE

Laracha Categoría:A Laracha