Dictinio de Castillo-Elejabeytia Fernández, nado en Ferrol o 11 de maio de 1906 e finado en Sandhausen (Alemaña) o 3 de outubro de 1987, foi un poeta e profesor galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, fíxose oficial de Mariña ingresando no Corpo de Intendencia da Armada. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos republicanos e estivo preso en Cartaxena, e posteriormente foi liberado. Por esta circunstancia foi xulgado despois polos franquistas e condenado a perda do seu emprego. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Murcia, da que foi profesor de Filoloxía Galego-portuguesa. Foi tamén profesor de filosofía no Instituto de Cartagena e de inglés no de Murcia. En 1953 marchou á República Federal de Alemaña e foi lector de español na Universidade de Würzburg até 1983.

Poeta en español, en 1949 publicou Lirios de Compostela, que contén moitos poemas en galego. En 1955, Francisco Fernández del Riego publicou na súa Escolma de poesía galega sete poemas de Dictinio tirados de dous libros inéditos, O espello das brétemas e O leito de somas. Colaborou en revistas literarias como a ferrolá Aturuxo, Azarbe, Papeles de Son Armadans, Monteagudo, Revista de Occidente, e nos suplementos literarios de ABC e diversas revistas de Portugal, Bélxica, Marrocos e os Estados Unidos. En 1950 foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega En 1953 representou a España no Congreso Internacional de Poesía que se celebrou en Venecia.

Obras Nebulosas, 1934. La avena de Dafnis, 1943. La canción de los pinos, 1945 En la costa del sol, 1947. Argos: poema del mar y del alma, 1948. Lirios de Compostela, 1949 (que contén moitos poemas en galego) Vuelo hacia dentro, 1987. O espello das brétemas e outros poemas, 1987.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Dictinio de Castillo, poeta y profesor de Literatura. El archivo del poeta ferrolano Dictinio de Castillo donado a la Región de Murcia Dictinio del Castillo. Un romántico fóra do seu tempo

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Murcia