Charlie's Country é un filme australiano dirixido por Rolf de Heer que se estreou no ano 2013. Foi rodado en linguas yolŋu e en inglés. Foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2014 no que David Gulpilil gañou o premio ó mellor actor. Tamén foi proxectado na sección Contemporary World Cinema do Festival de Toronto e foi premiado co premio de Mellor Ficción no Festival Internacional do Foro en Dereitos Humanos (FIFDH) en Xenebra.

Foi escollido como candidato australiano na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar, pero non saíu nomeado.

Sinopse Charlie, un home aborixe que vive na Terra de Arnhem, pinta nas codias das árbores e pesca barramundi, mais séntese fóra de lugar nunha Australia que xa non lle pertence.Jane Howard, Charlie's Country review — slow indictment of a colonialist relationship, The Guardian, 15 de outubro 2013 Láiase da perda da súa cultura na moderna Australia. Despois de que a súa lanza de caza é confiscada pola policía por considerala unha arma, decide deixar a súa comunidade aborixe e marcha ó bosque. Cae enfermo e é levado a un hospital en Darwin. Pouco despois, faise amigo dunha muller para a que merca bebidas alcohólicas ilegalmente, motivo polo cal é arrestado. Por mor diso, é enviado ó cárcere. Finalmente, accede a ensinar as danzas tradicionais á seguinte xeración de mozos aborixes, temendo pola desaparición da súa identidade cultural.

Personaxes David Gulpilil como Charlie Peter Djigirr como Black Pete Luke Ford como Luke Jennifer Budukpuduk Gaykamangu como Faith Peter Minygululu como Old Lulu Ritchie Singer como Doutor de Darwin Gary Sweet como Dono da tenda de licores de Darwin

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes en lingua yolŋu Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Rolf de Heer