Belako é un grupo de post-punk vasco da localidade de Mungia, na provincia de Biscaia, cuxas cancións están cantadas maioritariamente en inglés, aínda que tamén inclúen algunha canción en éuscaro.
O termo Belako fai referencia ó barrio de Mungia onde ensaian e de onde son os irmáns Josu e Lore.
Historia O grupo de Mungia (Biscaia) formouse no 2011, inspirado pola new wave dos 80, facendo versións e tocando en pequenos locais. Axiña, evolucionaron a sons máis actuais combinando o post-punk con toques electrónicos.
No 2012, gañaron o concurso de maquetas de Euskal Irrati Telebista e obtiveron o terceiro posto en Radio 3. Estes resultados permitíronlles tocar no Bilbao BBK Live ese mesmo ano, e posteriormente, abrir concertos de Elvis Costello no Festival de Jazz de Donostia.
As excelentes críticas fixeron de Belako, a pesar da súa mocidade e a editar unicamente un álbum longo, Eurie (Choiva, en éuscaro), se presentase como unha banda cun gran potencial no panorama nacional. miniatura|Lander Zalakain. Eurie, publicado a comezos de 2013 baixo a produción de Aitor Abio en Gaua estudos, lévanos a lembrar atmosferas do post-punk británico. No disco destacan os temas "Sea of confusion", "Haunted house" e "Southern sea (Beautiful world)" e "Molly and Pete"
O 29 de agosto de 2013 participaron xunto con Crystal Fighters e Wilhelm and the dancing animals en Cave-Rave das Covas de Zugarramurdi.
Membros Josu Ximun Billelabeitia - Guitarra e voz Lore Nekane Billelabeitia - Baixo e voz Lander Zalakain - Batería e voz Cris Lizarraga - Teclado e voz
Discografía Eurie (2013) Hamen (2016) Render Me Numb, Trivial Violence (2018) Plastic Drama (2020)
EP Bele Beltzak, Baino Ez (2014) AAAA!!!! (2014)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais formados en 2011 Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de post-punk