Ashley Graham, nada en Lincoln, Nebraska o 30 de outubro de 1987 é unha modelo estadounidense. Apareceu na portada de revistas de moda como Vogue, Harper's Bazaar, Glamour e Elle. Ademais, apareceu en varias campañas de publicidade de Levi's. Graham apareceu en The Tonight Show with Jay Leno, Entertainment Tonight e en CBS News e foi entrevistada por NPR por ser modelo de talles grandes. No ano 2016, converteuse na primeira modelo de talles grandes en aparecer na portada da revista Sports Illustrated Swimsuit Issue. No ano 2017, Graham converteuse na primeira modelo de talle grande en saír nas portadas británica e estadounidense de Vogue.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América