miniatura|260px|A banda no Liceo Mutante en 2014 Bala é unha banda galega de stoner rock/grunge composta pola coruñesa Ánxela Baltar (guitarra e voces) e a lucense Violeta Mosquera (batería e voces).

Traxectoria As compoñentes de Bala xa tiñan experiencia en grupos como Calixta, Drama, Salvation Army e MLK antes de formar a banda no ano 2014.

O 14 de setembro de 2015 publicaron o seu traballo de estrea, un álbum de sete temas chamado Human Flesh, gravado no estudio Montealto da Coruña. O 3 de marzo de 2017 editaron o seu segundo disco, Lume, gravado en Cataluña, ámbolos dous a través da discográfica compostelá Matapadre.

En xaneiro de 2019 Bala gravou unha versión do tema de The Smashing Pumpkins "Bodies", coa colaboración de Laura García (Grima) e Olaia Cankillyou (Khmer). Pouco despois a banda subiu o video da versión a YouTube e en xaneiro de 2021 publicou o sinxelo en Bandcamp. Tamén en 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de rock.

No mes de febreiro de 2021, Bala anunciou a súa fichaxe polo selo alemán Century Media Records, a través do cal editarían o seu seguinte álbum. O anuncio estivo acompañado polo vídeo do primeiro sinxelo do disco, "Agitar", que conta con colaboracións de Najwa Nimri, Bonnie Buitrago de Nashville Pussy e da escritora Lúa Mosquetera. O álbum, titulado Maleza, foi editado o día 14 de maio de 2021.

Tras o lanzamento de Maleza a banda iniciou unha xira de promoción que se estendeu ata 2023, realizando o derradeiro concerto da mesma en Barcelona o 21 de setembro. Nese ano Bala tamén cambiou de selo discográfico, fichando por PIAS, e gravou no estudio Ultramarinos Costa Brava o que sería o seu cuarto álbum.

O primeiro sinxelo do novo traballo, "Prisas", apareceu en novembro de 2023. En febreiro de 2024 a banda anunciou oficialmente o seu cuarto traballo, titulado Besta. O disco foi editado o 26 de abril a través de PIAS. Coindidindo co anuncio, Bala tamén publicou o sinxelo "Equivocarme".

En febreiro de 2026 Bala apareceu no programa La Revuelta de TVE, presentado por David Broncano. No programa a banda falou da recente reedición dos seus dous primeiros álbums, Human Flesh e Lume, e interpretou ao vivo o tema "Prisas".

Discografía Álbum Ano Selo Human Flesh 2015 Matapadre Lume 2017 Matapadre Maleza 2021 Century Media Records Besta 2024 PIAS Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de stoner rock Categoría:Grupos musicais de grunge Categoría:Grupos musicais formados en 2014 Categoría:Bandas de mulleres Categoría:Grupos musicais en galego