Grupo 1500 é unha formación musical galega, vocal e instrumental, dedicada á interpretación da música antigaFicha en Galiciantunes.comFicha na páxina da Consellería de Cultura de Galicia .
Formación O grupo conta cunha formación estable de seis músicos, ampliando tanto a formación coma os instrumentos segundo os programas. Son colaboradores habituais Abraham Cupeiro (corneta, frautas e gaita) e Arquímedes Artal (viola de gamba e lirone). Na actualidade está dirixido por Andrés Díaz<ref>Música medieval e indulgencia plenaria en la catedral de Lugo, artigo en La Voz de Galicia, 23 de decembro de 2016 .</ref>.
Traxectoria
O gruo fundouse no ano 2005, e o seu repertorio abrangue desde a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media até a música do RenacementoEl grupo 1500 en concierto: Cancioneros del siglo XVI y cantigas del Rey Afonso X, artigo en Musicaantigua.com, o 7 de decembro de 2013 e o primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500. Na interpretación e composición dos seus programas emprega instrumentos medievais e renacentistasLa Diócesis de Lugo celebra que su catedral tenga la indulgencia perpetua, artigo en El Progreso, 19 de decembro de 2016 .
Para alén da súa actividade concertística, o grupo desenvolve outros proxectos musicais, tales como bandas sonoras para audiovisuais e teatro (como a curtametraxe Cadea Perpetua ou os documentais O Mariscal e Cetreiros do Século XXI), guías e concertos monográficos, ademais da colaboración con outras formacións no eido da música antiga (Silva de Sons, Os Menestreis de 1500, etc).
O grupo actuou no festival “Espazos Sonoros” (edicións do 2008Concierto del Grupo 1500, artigo en La Voz de Galicia, 2 de maio de 2008 . e 2012), a “Festa da Istoria” de Ribadavia, o ciclo “Músicas na Compañía” da USC, así como noutros eventosEl escritor Vidal-Folch analizará en Santiago las figuras de Cervantes y Shakespeare en el 4º centenario de sus muertes, artigo en La Vanguardia, o 23 de abril de 2016 Un viaje musical a través de cinco siglos con el Grupo 1500 , artigo en El Correo Gallego, o 14 de setembro de 2011 , tanto da xeografía galega como da europea (Portugal, Francia, Austria, etc).
Programas
Os programas xiran arredor de diferentes xéneros temáticos: Eamus videre… – ciclo da Semana Santa nos cancioneiros do século XVI - ; Do divino e o mundo – un percorrido pola música antiga, do século XIII ao XVI - ; ou Amor e Danza na Europa das Nacións'' - viaxe musical imaxinaria pola Europa do século XVI.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos de música antiga Categoría:Música de Galicia sen imaxes