Asparagales é unha orde de plantas anxiospermas utilizada en sistemas de clasificación modernos como o sistema de clasificación APG III do ano 2009 e o APWeb, que comprende polo menos a familia Asparagaceae. Asparagales é unha orde que se recoñeceu moi recentemente nos sistemas de clasificación e moitas das súas familias pertencían á antiga orde Liliales. Liliales fora unha orde moi ampla na cal se situaban todas as monocotiledóneas de tépalos vistosos e sen amidón no endosperma, que fora difícil de dividir en familias porque os seus caracteres morfolóxicos non aparecían en padróns que delimitasen claramente grupos. Co tempo empezouse a recoñecer a orde Asparagales, especialmente cando as análises moleculares de ADN indicaron que Liliales debía ser dividida polo menos en Liliales, Asparagales e Dioscoreales. Asparagales é unha orde bastante grande, consta de 14 familias e unhas 26 000 especies. Aínda que a orde está claramente circunscrita baseándose nas análises de secuencias de ADN pero é dificultosa de definir morfoloxicamente, xa que é un dos grupos de monocotiledóneas estruturalmente máis diverso. Así, a orde inclúe desde plantas herbáceas de non máis de 15 cm ata algunhas especies de Agave que superan os 10 m de altura. Nestes sentido, a súa separación da orde Liliales é particularmente problemática.
Unha das características que definen esta orde, e posible apomorfía (ademais dos datos moleculares), é a presenza de fitomelanina, un pigmento escuro presente nas cubertas das sementes. As fitomelaninas encóntranse na maioría das familias de Asparagales, pero perdéronse aparentemente nalgúns taxons, e o exemplo máis salientable nese aspecto é Orchidaceae.
A maioría das especies de Asparagales son plantas herbáceas perennes, aínda que hai algúns exemplos de plantas gabeadoras (certas especies de Asparagus, subfamilia Asparagoideae) e leñosas (algúns Aloe, subfamilia Asphodeloideae). Case todas as especies desta orde producen unha roseta apertada de follas na base das plantas (son "plantas en roseta"), outras levan esa mesma disposición de follas no extremo dun tronco (Yucca), e nuns poucos casos as follas aparecen ao longo do talo. As flores frecuentemente están no extremo do talo.
Dentro das monocotiledóneas e desde o punto de vista económico, a orde Asparagales é a segunda en importancia despois da orde Poales (a cal comprende os pastos e os cereais). A orde contén moitas especies de importancia hortícola (cebola, allo, espárrago, porro), en floricultura (Freesia, gladíolo, iris, moitas orquídeas), xardinería (Hemerocallis, Convallaria, Agapanthus) e especias (vainilla).
Desde o punto de vista da súa taxonomía, Asparagales é unha orde suxerida por Huber (1977), logo adoptado por Dahlgren et al. (1985), e reafianzada en 1998 polo Grupo de Filoxenia das Anxiospermas (en inglés orixinal, "Angiosperm Phylogeny Group", siglas APG), retomado no 2003 polo APG II, e en 2009 polo APG III), e tamén polo APWeb (2001 ata agora). Porén, as delimitacións das familias de Asparagales sufriron unha serie de mudanzas en anos recentes, e aínda se necesitan máis estudos para que se estabilice a súa circunscrición e as súas relacións.
Descrición miniatura|Sementes con fitomelaninas en Hippeastrum. miniatura|Crecemento secundario anómalo en Agave.
A maioría das especies de Asparagales son plantas herbáceas perennes; hai tamén algúns exemplos de plantas gabeadoras (certas especies de Asparagus, subfamilia Asparagoideae das asparagáceas) e leñosas (algúns Aloe, subfamilia Asphodeloideae das xantorroeáceas). Case todas as especies desta orde producen un conxunto de follas na base das plantas (son "plantas en roseta"), outras presentan esa mesma disposición de follas no extremo dun tronco (Yucca), e nuns poucos casos as follas están dispostas ao longo do talo. As flores frecuentemente están no extremo do talo. Asparagales pode ser distinguido de Liliales polos seus tépalos xeralmente non punteados, nectarios nos septos dos ovarios (en lugar de na base dos tépalos ou estames) e ás veces un crecemento secundario anómalo (a diferenza da falta de crecemento secundario). Os membros de Asparagales adoitan ser xeófitas, pero neste caso as súas follas son en xeral lineais e sen venación reticulada fina.
As súas sementes son características, coa epiderme externa da cuberta seminal obliterada (na maioría das especies de froitos carnosos), ou presente e cunha costra de fitomelaninas negra e carbonácea en moitas especies de froito seco. Normalmente, a parte interna da cuberta seminal está completamente colapsada. En contraste, as sementes de Liliales (morfoloxicamente similares) sempre teñen unha epiderme externa ben desenvolvida, non teñen fitomelaninas, e usualmente reteñen unha estrutura celular na porción interna da cuberta seminal.
O carácter infrecuente de ter un crecemento secundario anómalo cun meristema en ringleiras superpostas ("etáxeno") está practicamente restrinxido aos xéneros deste clado (fóra deste clado, está presente só en Dioscorea). Algunhas destas especies, dos xéneros Agave, Aloe, Cordyline, Dracaena, Nolina e Yucca, convértense en árbores curtas e macizas, xeralmente (pero non sempre) con ramificación limitada (por exemplo Aloe, Dracaena, Yucca). Outros xéneros como Aphyllanthes e Lomandra, teñen este mesmo tipo de crecemento secundario pero restrinxido aos seus talos subterráneos.
Outros caracteres apomórficos da orde son: a presenza de ácido chelidónico, quizais a de velame, talvez a das células hipodérmicas das raíces dimórficas, as anteras máis longas que largas, as células do tapete de bi- a tetranucelares, a microsporoxénese simultánea (pero ver o apartado de Filoxenia), a presenza de estilo no pistilo, as sementes con exotesta, o tegmen non persistente, o endosperma helobial, e a perda do xene mitocondrial sdh3.
Se a microsporoxénese simultánea é unha apomorfía da orde, no "Núcleo dos Asparagales" aparentemente cambiou a sucesiva. Hai taxons de clados máis basais onde a microsporoxénese é sucesiva, nos que os detalles da formación da parede son similares aos dos membros do núcleo dos Asparagales que foron estudados: placas celulares centrífugas. Pero nos membros basais nos que a microsporoxénese é simultánea, a formación das láminas tamén pode ser centrifuga (Nadot et al. 2006). [Aliso 22: 197-203.]
Algúns autores consideran o ovario ínfero unha sinapomorfía da orde, pero en caso de que o fose, o carácter perdeuse tantas veces que resulta ser un carácter moi lábil (dentro da orde coma no resto das anxiospermas), polo que a posición do ovario dentro da orde non ten valor preditivo.
Encóntranse tépalos de 3 trazas en Orchidaceae, Amaryllidoideae, Iridaceae, Asphodeloideae (mais non en Kniphofia, Asphodelus), Agavoideae, Agapanthoideae e Hemerocallidoideae; encóntranse tépalos dunha traza en Nolinoideae (mais non en Maianthemum stellatum), Allioideae, Aphyllanthoideae e Asparagoideae. Scilloideae ten tépalos cos dous tipos de vasculatura, incluso se encontran tépalos de 5 trazas nos verticilos externos de Urginea.
Fixéronse estudos dos telómeros das especies da orde. Parece que Asparagales representa unha situación dinámica na cal se mantén unha variedade de motivos teloméricos en baixa cantidade de copias, en lugar da repetición dominante de tipo Arabidopsis. Parece que nalgúns casos, un dos tipos que estaba en baixa cantidade de copias é amplificado e substitúe o tipo estándar. Por exemplo, sabíase desde hai moitos anos que Allium non posuía as repeticións teloméricas estandarizadas de tipo Arabidopsis e logo descubriuse que Aloe tampouco as tiña, polo que se predixo que os xéneros intermedios tampouco as terían: nunha análise feita a representantes de todos os Asparagales descubriuse que, agás Ornithogalum, ningún tiña as repeticións tipo Arabidopsis. Máis adiante descubriuse que Ornithogalum e outros xéneros substituíran as repeticións estándar das plantas por unhas de tipo humano, e que practicamente todos os xéneros de Asparagales teñen polo menos algunhas copias das repeticións teloméricas de tipo humano, como tamén unha variedade doutras repeticións situadas nas terminacións dos seus cromosomas. A presenza e a composición desta variedade de repeticións teloméricas posúen un gran valor para discernir a árbore filoxenética.
Na orde encontráronse xenomas moi grandes, cun valor C duns 350 picogramos, nalgunhas Allioideae, Amaryllidoideae, Scilloideae e Orchidaceae.
En resumo, a anatomía da semente parece posuír o mellor conxunto de caracteres que unifican a orde, que noutros aspectos é moi heteroxéneo (particularmente tendo en conta que Orchidaceae está dentro del).
Ecoloxía
As Asparagales comunmente presentan micorrizas arbusculares de tipo Arum, mentres que en Liliales estas micorrizas son normalmente de tipo Paris.
Diversidade
A diversidade taxonómica das monocotiledóneas foi presentada en detalle por Kubitzki (1998, 2006).
Velaquí unha lista da diversidade de Asparagales, onde se mostran diversas familias e subfamilias. As descricións son breves e para máis información hai que consultar as ligazóns.
miniatura|120px|esquerda|Flores de Brassolaeliocattleya "Turanbeat", híbrido entre Brassavola, Laelia e Cattleya.
Orquidáceas
A familia das orquidáceas é a máis grande das anxiospermas. A morfoloxía das súas flores é moi distintiva e fainas doadas de recoñecer. A flor ten simetría bilateral, os 3 sépalos son coloridos e rechamantes (por iso algúns chámanos tépalos externos) e hai un a cada lado e outro máis no lado dorsal da flor. Os 3 pétalos (ás veces chamados tépalos internos), tamén vistosos, están situados alternadamente entre os sépalos, dous aos lados e un no lado ventral. Este último chámase labelo porque posúe unha morfoloxía singular. Entre as orquídeas encóntranse algúns dos sistemas de polinización máis complexos e interesantes de entre todas as anxiospermas.
As orquídeas son coñecidas por posuír moitas especies de gran valor ornamental. A vainilla (de cuxo froito se extrae a vainillina) tamén é unha orquídea.miniatura|100px|Borya scirpoidea.
Boryáceas
Borya é unha planta arborescente da familia das boryáceas e é tipicamente unha "planta reviviscente" que se encontra nas pendentes rochosas. Durante a estación seca estas plantas sécanse e vólvense dunha cor alaranxada óxido, pero rapidamente se volven verdes e activas unha vez empeza a chover. Xunto co outro xénero de boryáceas (Alania) son plantas xeromórficas nativas de Australia, a inflorescencia ten escapo e invólucro, pero as flores son difíciles de distinguir.
miniatura|100px|esquerda|Flores de Blandfordia grandiflora.
Blandfordiáceas
Blandfordia é o único xénero da familia Blandfordiaceae, con 4 especies distribuídas no leste de Australia. Alí chámaselles "Christmas bells" ("campás de Nadal") debido á forma das súas flores e ao momento da súa floración, que coincide co Nadal australiano. Son plantas herbáceas perennes erectas (duns 1,50 m de altura), de follas dísticas, con inflorescencia en acio, flores con pedicelos articulados e tépalos grandes que forman un perigonio tubular. O receptáculo floral desenvolve un xinóforo. As anteras son latrorsas e as sementes teñen pelos conspicuos. Lanariáceas
Lanaria lanata é a única especie da familia Lanariaceae, distribuída no sur de Suráfrica. Cos caracteres máis ou menos típicos das monocotiledóneas, poden ser recoñecidas polas súas inflorescencias con ramificacións curtas cubertas de pelos dendríticos e os súas flores de simetría radial con tépalos a medio connar.
miniatura|100px|Hábito de Collospermum hastatum, unha planta epífita presente nos bosques de Nova Zelandia. Obsérvanse os froitos; os amarelos están inmaturos, os vermellos xa están maduros.
Asteliáceas