Pilar Ortega Pereiro, nada en Vigo en 1975, é unha profesora de tecnoloxía e escritora galega.
Traxectoria Titulada en Enxeñaría industrial pola Universidade de Vigo, exerce dende o ano 2001 como profesora de ensino secundario na especialidade de Tecnoloxía. Desenvolve o seu labor docente no IES da Guía en Vigo.
Obras Virxinia (2008). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9782-870-3. Principio de Incerteza (2018). Vigo: Ed. Xerais. ISBN 978-84-9121-380-2 O segredo de Al'eume (2021). Arzúa: Ed. Cuarto de Inverno. ISBN 978-84-124586-0-2.
Obras colectivas "París de oito a nove", Colección relatos II Certame Os Viadutos (Ed. Xerais 2002) "O soño do Peneque", Obras da Imaxinación (Baía Edicións)Ficha da autora na Editorial Xerais "Sereo", Relatos na rúa III (Ed. Elvira, 2016) "A canción de Guiomar", Relatos na rúa IV (Ed. Elvira, 2017) "Vigófono", Relatos na rúa V (Ed. Elvira, 2018) "Noites de voda (ou non)", Relatos na rúa VI (Ed. Elvira 2019) "El amor en los tiempos del covid", Relatos na rúa VII (Ed. Elvira 2021)
Premios Primeiro premio de relato curto no II Certame de Relatos Curtos Os Viadutos do Concello de Redondela, por "París de oito a nove" (2001). Segundo Premio de relato curto no II Certame Mulleres Progresistas de Vigo, por "O soño do peneque" (2007). Finalista no II Certame literario de novela curta Villa de Oria do concello de Oria por "La hacienda del buen suceso". Segundo Premio no I Certame de micronovela do Concello de Soutomaior, por "Virxinia" (2008) Premio no XII Certame de microrrelato Carlos Casares convocado polo Liceo de Ourense, por "Gangrena" (2014) Premio no Certame de microrrelato convocado pola Universidade de Vigo a propósito do IYL, por "A luz do Universo" (2015) Accésit no III Certame de relatos Vigo Histórico convocado pola Editorial Elvira, por "Sereo" (2016) Premio no XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, por "Principio de incerteza" (2017) Accésit no V Certame de relatos de Vigo Histórico convocado pola Editorial Elvira co relato "Vigófono" (2018) Accésit no VI Certame de relatos de Vigo Histórico convocado pola Editorial Elvira co relato "Noites de voda(o non)" (2019) IV Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil por "O segredo de Al´eume"'' (2021).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Edicións Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1975