Alejandro Rodríguez Suárez, máis coñecido por Rodri Suárez, nado na Coruña en 1974 é un xornalista, guionista, escritor e asesor político galego.
Traxectoria Foi xefe da sección de deportes de La Opinión A Coruña entre 2000 e 2007, xefe da sección de política en Xornal de Galicia (2008-2011), e traballou tamén en DxT Campeón, A Nosa Terra e Galicia Confidencial. Amais colaborou en Radio Coruña, Diagonal, Luzes de Galiza, Sermos Galiza, Localia, El País e Cope Galicia. Foi guionista do programa Selección Galega (TVG). Colabora como columnista en El Ideal Gallego.
Tras as eleccións municipais de 2015 e tras ser un dos líderes da campaña electoral da Marea Atlántica foi designado asesor técnico de tipo I de alcaldía no Concello da Coruña, como xefe do equipo de comunicación, após o nomeamento de Xulio Ferreiro como rexedor. O alcalde cesouno o 14 de xaneiro de 2018. Rodri Suárez afirmou que as súas discrepancias con Iago Martínez, xefe de gabinete, foron o principal motivo do seu cesamento. Após algunha colaboración anterior, desde xullo de 2020 forma parte do persoal de confianza da alcaldesa da Coruña, a socialista de Inés Rey.
En 2014 publicou Non temos medo, biografía da banda Os Diplomáticos de Monte-Alto. En 2024 escribiu Galicia Reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego. Escribiu a letra de dúas cancións interpretadas polos Diplomáticos de Monte Alto: "O son das túas ondas. Homenaxe ao Deportivo da Coruña" (2014) e mais "Lume de biqueira", incluída no disco Capetón e no compilatorio Selección Xa!.
En 2024 publicou o ensaio Galicia Reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego
Recoñecementos
Foi accésit do premio de periodismo Albarelo en 2001 e gañou en 2019 o premio Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña, cuxa entrega se realizou en febreiro de 2020 no Palacio de María Pita.
Obra Non temos medo. Historia oral dos Diplomáticos de Monte Alto (2014). Ed. Nicetrip. Galicia reducida. Crítica ao marco conservador e centralista do autogoberno galego (2024). Morgante. 192 páxs. ISBN 978-84-19040-15-2.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha de Rodri Suárez na web do Concello da Coruña "O son das túas ondas. Homenaxe ao Deportivo da Coruña" en Spotify Artigos de Rodri Suárez en Sermos Galiza
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1974 Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes