O polígono industrial Vilar do Colo é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada entre os concellos de Cabanas e Fene.

Historia e descrición Foi promovido pola SEPES e os Concellos de Cabanas e Fene. Inaugurado no ano 2000, ten unha superficie de máis de 852.000 metros cadrados desenvolvida en dúas fases.

En 2007 creouse a asociación que agrupa os empresarios asentados no polígono. Ese mesmo ano, María José Caride, daquela como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, inauguraba a estrada AC-563, que serviría para conectar a zona industrial coa AC-564 (estrada de Cabanas ás Pontes) e, de vez, esta coa VG-1.2 a Mugardos.

En 2010 o daquela ministro de Fomento español, José Blanco, presentaba o proxecto para a nova "Base de Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación" que se habería construír no termo fenés.

En abril de 2011 a plataforma ecoloxista ADEGA convocou unha concentración contra da ampliación deste polígono. A modificación -en 2015- da ordenanza que regula os usos de Vilar do Colo fomentou a apertura de novos negocios alén do ámbito industrial.

O polígono de Vilar do Colo caracterízase, ademais, por estar atravesado polo Camiño Inglés.

Accesos AP-9F saída 25F N-651 pk 27 VG-1.2 AC-563

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web do IGAPE Ficha na web do Concello de Fene

Categoría:Cabanas Categoría:Fene Vilar do Colo