O Certame Literario Musical de O'Galiciano, foron uns xogos florais que tiveron lugar no verán do ano 1886 en Pontevedra, coincidindo coas festas da Peregrina. Estivo organizado por O Galiciano, o primeiro periódico escrito enteiramente en galego. Este certame, celebrado estritamente en galego, tiña un gran significado no ámbito cultural, xa que tanto os literatos como os poetas e compositores poñían a proba a súa valía, sendo estimulados por un premio.

O certame Este certame foi creado pola revista galega, O Galiciano, propiedade de Rufino Rivera Losada, co fin de brindar instrución e cultura, poñendo a proba a valía de todos aqueles escritores e literatos en lingua galega. Estes xogos tiñan un carácter esencialmente rexionalista xa que, o principal requisito para poder participar era que tanto as composicións como os discursos ou composicións musicais debían estar en lingua galega.

O presidente deste certame foi Manuel Murguía, quen pronunciou o discurso en defensa do idioma galego en idioma castelá, debido á súa excelente cualificación sobre a historia e a lingua galega deste mesmo. Así mesmo, o presidente do xurado da parte musical foi Rafael Hernando, acompañado do xurado literario formado por Indalecio Armesto, Luis da Riega e Emilio Álvarez Giménez.

Os organizadores puideron dárense por moi satisfeitos cos froitos do Certame, xa que con el se iniciou un novo camiño para a literatura galega, xa que uns setenta escritores presentaron os seus traballos en dito certame. Os escritores acudían, mesmo, ao traballo de formas en que o galego era pouco empregado. Estes xogos brindaban instrución e benestar. A primeira porque, como xa é sabido, os certames son torneos da cultura que representan un paso ou camiño cara o progreso, onde poetas, literatos e compositores empregan o seu enxeño estimulados por un premio; a segunda, porque carrexan milleiros de persoas desexosas de asistir a eses espectáculos.

Bases do Certame As bases do Certame Literario e Musical de O'Galiciano eran as seguintes: A primeira base deste certame era que o xurado era quen debía realizar a entrega de premios. A segunda base era que o xurado se reservaba o dereito de adxudicar unha mención honorífica en cada tema. Todas as composicións debían ser orixinais e inéditas Era condición estrita que todos os escritos estivesen en lingua galega O director d'O Galiciano era quen facilitaba as partituras dos catro primeiros premios da execución, en caso de seren solicitadas. Todos os traballos debían ir acompañados dun prego cerrado e lacrado que contivera o nome, apelido e domicilio do autor; e no sobre, un lema igual ó que debía ser escrito na cabeceira de cada un dos ditos traballos. No auto da adxudicación de premios, debían queimarse á vista do público os prego correspondentes ás composicións non laureadas. O prazo para a admisión das composicións remataba o día 1 de agosto. Estas eran dirixidas ó director d'O Galiciano, rúa Real, número 26. O Galiciano reservaba a propiedade dos traballos premiados, durante medio ano, a contar dende o día do Certame. Os gaiteiros e tamborileiros, así como as parellas de baile, presentaríanse ó Certame en traxe do país. As bandas de música e orfeóns terían que tocar e cantar unha peza de libre elección. Os que tocasen parte na dita actuación musical debían avisar con cinco días de anticipación como mínimo.

Memoria O Certame Literario Musical de O’Galiciano non era tan só un acto solemne no cal se axudicaron premios e se deu lectura ás publicacións premiadas, senón que ditas composicións, discursos e memorias reuníronse e publicáronse nun mesmo tomo, quedando como recordo e mostra da literatura da época e contribuíndo ó inicio do renacemento da literatura galega. Esta memoria contén as seguintes pezas de traballo: "Biografía de don Manoel Ventura Figueroa", por Roberto García Feixó; unha serie de descricións de fillos de Galicia que cultivaban a lingua galega naquel tempo, de Rodríguez de Cea; unha das primeiras novelas galegas Xuana de Manuel Amor Meilán etc.

Os premios Os premios foron concedidos por: O concello de Pontevedra O Liceo Casino O Recreio de Artesáns Eduardo Vincenti Filiberto Abelardo Díaz, que era Gobernador Eduardo Cea Naharro A prensa da capital Prudencio Otero Rodríguez de Cea.

As producións premiadas máis destacadas foron: "Probe gaiteiro de Baio" de Enrique Labarta Pose "Canto a Pontevedra" de Labarta Pose "A Víspora de San Xuán" de Alfredo Brañas "Os feitizos ou Meigallos" do caldense Adolfo Mosquera "As festas do Corpus", unha longa e ben anotada refenda de Heliodoro Cid.

Ademais, conseguiron premios Enrique Labarta Posse, Eladio Rodríguez González, Adolfo Mosquera, Manuel Amor Meilán, Xoán Manoel Rodrigues Cea, Xosé Herraiz Ruibal, Roxelio Civeira e Heliodoro Cid e Rozo.

A música Na parte musical destacaron as actuacións de orfeóns e bandas que rivalizaron na execución das Galegadas, sendo tamén suxestivas e vistosas as interpretacións da melodía de Marcial del Adalid intitulada Bágoas e sonos. Concorreron os mellores gaiteiros da provincia e sobre todo da comarca, xa que a estes últimos a revista organizadora abonáballes os gastos de locomoción. Os premios concedéronse ás mellores interpretacións da auténtica muiñeira executadas con gaita timbal ou sexa "composta de rouco, ronquillo e punteiro", acompañada de tamboril. Tamén levaron premios un par de cegos que cos seus lazarillos e as súas zanfonas, foron os mellores intérpretes dos temas requiridos. Así mesmo concedeuse premio de baile a un par de parellas, mellores intérpretes da ribeirana.

Os premios, no apartado de música, foron os seguintes Crónica de Pontevedra: diario político: Ano I Número 84 - 11 agosto 1886, pp. 1-2:

Composición I. Unha escribania de plata, de don José Casal e Lois, á mellor «Colección de Música de cantos populares.» (Deserto.)

II. Lira de prata e ouro, ofrecida por D. Baltasar Piñeiro á mellor «composición de Gallegada para canto e orfeón. »—Adxudicada a D. José Areal Rodriguez, organista de Leon; Accésit, a D. Prudencio Piñeiro e a D. Francisco R. Nuñez, de Vigo.

Execución I. —Batuta de prata, ofrecida polo Excmo. Sr. D. Agustin Cobián de Seijas, Presidente da Deputacion provincial, á banda militar que execute e interprete mellor o «Poupurri galego» «Unha festa en Galicia.» por D. Felipe Paz.-Á banda do Rexemento de Luzón, que dirixe D. Manuel Rodríguez

II. -Estandarte de seda e ouro ofrecido por varios entusiastas desta capital ao orfeón que mellor execute e interprete a «Alborada» por ‹ Varela Silvari.›-Ao orfeón El Eco de la Coruña que dirixe o Sr. Chané; Accésit, ao orfeón Valverde, de Santiago.

III. —Coroa de prata, ofrecida por don Miguel Gendra, para la banda popular que, composta canda menos de vinte números, interprete e execute mellor a ‹Galligada, de Milpagheer.›—Á banda da Casa de Beneficencia dsta capital, que dirixe D. Antonio Licer.

IV.—Pensamento de prata, ofrecido por D. Plácido Garcia a quen mellor cante, con acompañamiento de piano; a melodía ‹Bágoas é sonos de D. Marcial de Adaliz. -Accésit, a don José Ramos Luchini, e mención honorífica aos xoves Cordal, Señorans, Vieira, y Saiz.

V.-80 pesetas ofrecidas por 0 Galiciano ao gaiteiro que, con «gaita tumbal, ou sexa composta de ronco, ronquillo, punteiro, e acompañado de tamboril somente, mellor interprete e execute a verdadeira «Muñeira.»—A Juan Miguel de Ventosela.

VI.-20 pesetas, ofrecidas por O Galiciano como segundo premio ao anterior.=A Manuel Rilo, de Betanzos.

VII. - 40 pesetas ofrecidas por 0 Galiciano ao que con máis oportunidade gracia e acerto cante, acompañado de zanfoña, e con lazarillo, según acostuman facelo nas romarías de Galicia.—Ao único opositor que se presentou e cuxo nome non lembramos.

VIII.—10 pesetas, ofrecidas por 0 Galiciano como segundo premio o anterior. -(Deserto concedendo esta cantidade a un dos gaiteiros que maáis se distinguiron.)

IX.-60 pesetas, ofrecidas por O Galiciano á parella que mellor baile a «Riveirana.»

X.-15 pesetas, ofrecidas por 0 Galiciano como segundo premio ao anterior.

Como quera que as dúas únicas parejllas que optaron ao premio recoñecéronse iguales méritos, o Xurado, de acordo cos bailadores, acordou sumar ambas cantidades repartíndoas en iguales partes ás dúas parellas.

Repercusión Coa axuda do carácter rexionalista deste Certame, os periódicos centralistas de Madrid fixeron eco deste certame. Neles víñase a dicir que se leu, cantou e recitou en galego, que galega fora a música, galego o baile e todo rabiosamente galego, de tal forma que aquilo máis parecía un cantón que unha provincia española. Soado foi tamén o discurso de Murguía, por máis que fose lido en castelán, sendo recollido por todos os periódicos de Galicia, comentado, louvado polos rexionalistas, e criticado polos antirrexionalistas.

Por outra banda a comopsición de Prudencio Piñeiro "Que ten o mozo", premiada cun accésit, tivo tan grande acollida que foi publicada en versión de voz e piano e pasou a engrosar o repertorio habitual de canción galega xunto coas obras de Marcial del Adalid, José Baldomir, Juan Montés ou Chané.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Antúnez, José Alfredo. (1886). Produciós premeadas n-o Certáme Gallego Literario que iniciado por O Galiciano celebrouse en Pontevedra n-o día 9 de agosto de 1886. Pontevedra Ligazóns externas iDIOMA GALEGO; O CERTAME DE "O GALICIANO"( Pontevedra, 1886)

Categoría:Premios e certames literarios de Galicia Categoría:1886 Categoría:Pontevedra