Francisco Álvarez Pena, nado en Mugueimes (Muíños) o 1 de outubro de 1874 e finado na mesma vila o 11 de outubro de 1956, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Foi secretario do concello de Entrimo (1900-1908). En 1903 foi elixido deputado provincial polo distrito de Xinzo-Verín.Boletín Oficial de la Provincia de Orense, 29-4-1903, p. 1. Foi nomeado rexistrador interino da propiedade de Bande en 1911.Gaceta de Galicia, 22-11-1911, p. 2. Axitador e orador agrario. Interveu con Basilio Álvarez nas concentracións agrarias de Bande, Lobios e Porqueira nos anos 1913 e 1914. Tamén participou nas conferencias agrarias deses anos, intervindo na reunión preparada pola Colonia Gallega de Lisboa. Foi nomeado xuíz municipal de Muíños en 1915,Diario de Galicia, 28-10-1915, p. 2. posto ao que renunciou en 1919.El Correo de Galicia, 15-9-1919, p. 2. Foi candidato agrario a deputado a Cortes por Bande nas eleccións de 1918. Deu unha conferencia no Ateneo de Madrid sobre Los partidos políticos actuales y los agrarios gallegos. En 1926 foi nomeado secretario do concello de Muíños,El Progreso, 25-2-1926, p. 3. presidindo a Unión Patriótica do partido de Bande na ditadura de Primo de Rivera.La Región, 12-2-1929, p. 8. Volveu ser nomeado secretario do concello de Muíños en 1934.La Región, 28-6-1934, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido co seu fillo Francisco e ingresaron na Prisión Provincial de Ourense o 14 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 896 Volveu se detido o 14 de setembro de 1937 pola deserción do seu fillo Luis, e saíu en liberdade o 2 de outubro. En 1941 pasou a ser secretario do concello do Irixo.

Vida persoal

Casou con María Sánchez Castro, e foi pai de María Teresa, José Ramón, Luis e Francisco Aser Álvarez Sánchez. Notas

Véxase tamén Bibliografía Artigo "ÁLVAREZ PENA, Francisco" na Gran Enciclopedia Galega. Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Francisco Álvarez Pena

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Muíños

Categoría:Nados en 1874

Categoría:Finados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes