Net.art, tamén chamado net(dot)art, arte.en.rede, ou simplemente Net art (sen o punto intermedio), pode referirse a un xénero de producións artísticas realizadas ex profeso en e para a rede Internet, ou a un movemento específico de artistas de orixe europea que introduciron certas prácticas artísticas na década dos noventa coincidindo co desenvolvemento da World Wide Web.

Con respecto ao xénero, o net.art é unha das formas de arte interactivo habilitadas polos soportes dixitais, e as prácticas comunicativas xeradas por eles. A denominación net.art designa as prácticas artísticas que apuntan a unha experiencia estética específica de Internet como soporte da obra, e dialogan ou exploran prácticas comunicativas na cibercultura.

Véxase tamén

Ligazóns externas Arte.Red Unha historia do net.art navegable de Roberta Bosco e Stefano Caldana (EL PAÍS) Net.art Arte en la Red. José Ignacio Argote Vea-Murguía O concepto de Net.Art: a forza do grupo conectado. Margarita Rodríguez Ibáñez. 2012

Categoría:Arte Categoría:Internet