Lohengrin Filipello, nado en Milán en 1912 e finado en Lugano o 19 de xuño de 1981, foi un presentador da televisión de Suíza. Traxectoria

En 1956 presentou para toda Europa a primeira edición do Festival da Canción de Eurovisión, celebrada en Lugano (Suíza). Tamén foi o único presentador masculino que presentaba o festival ata que a edición de 1978 a co-presentou Léon Zitrone, e Filipello continúa sendo o seu único presentador masculino en solitario. Posteriormente, Filipello seguiu involucrado no Festival de Eurovisión, xa que presentou as finais nacionais de Suíza en 1961 e 1967 para seleccionar cantante e canción para Eurovisión.

Morreu o 19 de xuño de 1981 aos 68 anos de idade.

Notas

Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Presentadores de televisión