José María Rodríguez Díaz, nado o 20 de abril de 1935 en Cedofeita (Ribadeo) e finado en Burela o 9 de maio de 2017, foi un escritor, activista e humanista galego.

Traxectoria Ingresou de novo no Seminario de Mondoñedo, consagrándose posteriormente como sacerdote en Mondoñedo no 1959. Con anterioridade ó fin dos seus estudos eclesiásticos, seguiu estudos de canto Gregoriano, diplomándose en música sacra en 1957 no Instituto Gregoriano de París, e na súa formación pasou pola Sorbona.

No 1960 foi, por oposición, salmista da Catedral Basílica de Mondoñedo e profesor de Latín e Canto no Seminario de Mondoñedo, cargos que compartiu con outras misións pastorais.

En 1979 cesou a actividade eclesiástica. Posteriormente casado con Mª Asunción Sampedro, foi funcionario do Instituto Social da Mariña, exercendo como director local en Tapia e Ribadeo, onde pasou os últimos anos da súa vida.

Actividades miniatura|No comezo das obras da nova residencia de Ribadeo, co Alcalde de Ribadeo e o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo Entre outras actividades, formou parte das Asociación de Veciños de Vilaselán, que contribuíu a crear, primeiro, e logo de O Tesón, impulsando ambas dende postos directivos e involucrándose en temas como o paso da autovía A-8 pola parroquia de Vilaselán, a construción dunha macronave no Porto ribadense de Mirasol, a constitución da Mesa de Asociacións do concello de Ribadeo ou a construción dunha nova residencia de maiores en Ribadeo, que non chegou a ver operativa. Este último tema marcou un fito no concello, despois de promover a constitución dunha plataforma veciñal a partir das asociacións de veciños e de aglutinar tódalas forzas políticas no concello para traballar xuntas (aínda que tras os primeiros pasos, un partido, o PP, se desmarcou da iniciativa). alt=José María, no 2016|miniatura|José María, no 2016 No eido cultural ten colaborado en diferentes proxectos, o que lle ten valido para converterse nun referente nalgúns campos, recoñecemento que o levou a ser chamado para diversas representacións, como o pregón da Xira de Sta. Cruz 2006.

Publicacións miniatura|Portada de 'Sobre os castros de Ribadeo'. O diagrama indica só os castros de Ribadeo estudados no libro.|alt= Portada de 'Sobre os castros de Ribadeo'.

Artigos Como estudoso de diversos temas, en particular relacionados coa historia, a máis de activista, publicou ó longo da súa vida moitos artigos en castelán e en galego en diversos medios de difusión diaria ou semanal (El Progreso, La Voz de Galicia, Crónica3, La Comarca del Eo, Galicia Dixital...), participando en tertulias radiofónicas e tendo outros diversos estudos históricos publicados en lugares varios, como o Anuario de estudios histórico-teológicos de la diócesis de Mondoñedo-Ferrol ou Rudesindus.

Libros Estudio sobre toponimia de Ribadeo (2007). ISBN 13: 978-84-8192-367-4 Sobre os castros de Ribadeo (2009) ISBN 13: 978-84-612-9644-6 Vilaselán: Aproximación histórica (2010) ISBN 13: 978-84-614-3063-5 La Colegiata de Ribadeo (2011). D.L. S-51/2011

E, en colaboración, Ribadeo no tempo, a través das imaxes: outro Ribadeo foi posible (2006). ISBN 13: 978-84-611-0861-9

Outros En formato dixital, mantivo durante unha década (2006-2016) o blog 'O Cargadoiro'http:cargadoiro.blogcindario.com Inaccesible dende 2018. Accesible parcialmente en Internet Archive: https://web.archive.org/web/*/http://cargadoiro.blogcindario.com.

No 2018, con motivo do aniversario da súa morte, preparouse "José María Rodríguez Díaz, In memoriam", un volume que inclúe as súas dúas últimas obras de gran formato, "Don Secundino Martínez Montenegro (O 'Cura Vello' de Ribadeo)" e "Semblanza de un guerrillero, Luis María Trigo Chao (El guardarríos)" xunto con descricións de José María asinadas por persoas que o acompañaron nas súas actividades ó longo da vida, e un relatorio de artigos.Charlas en diversas ocasións con participantes no volume.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas O Cargadoiro. Sobre os castros de Ribadeo: parte 1ª e parte 2ª. "Final feliz de una histórica epopeya", resumo realizado por José Mª Rodríguez dos fitos no camiño da consecución dunha nova residencia para Ribadeo./docs/final_feliz_de_una_hist__rica_epope Pregón da Xira de Santa Cruz 2006. Pregoeiro. Publicacións súas reproducións do seu blog xa inaccesible e outras referencias diversas no blog Ribadeando.

Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Escritores en lingua galega