Unha exaculación precoz ocorre cando un home experimenta un orgasmo e exacula o seme pouco despois da actividade sexual e cunha mínima estimulación do pene. Non existe unha definición uniforme do que se entende por "precoz", mais un grupo de expertos da International Society for Sexual Medicine estabeleceron unha defición segundo a cal é unha "exaculación que sempre ou case sempre ocorre antes ou arredor dun minuto".Sharlip, I. D., Hellstrom, W. J., & Broderick, G. A. (2008). The ISSM definition of premature ejaculation: A contemporary, evidence-based definition. Journal of Urology, 179(suppl), 340, abstract 988. A Clasificación Internacional de Doenzas (ICD-10) estabelece un período de 15 segundos dende o comezo do acto sexual.Althof, S. E. (2007). Treatment of rapid ejaculation: Psychotherapy, pharmacotherapy, and combined therapy (pp. 212–240). In S. R. Leiblum (Ed.), Principles and practice of sex therapy (4th ed.). NY: Guilford. Existen autores que suxiren que a exaculación precoz é unha adaptación evolutiva.
Malia que os homes con exaculación precoz describen sentir que teñen falta de control sobre a exaculación, non está claro se iso é certo, e moitos homes declaran que lles gustaría poder durar máis tempo. O tempo de latencia da exaculación é de entre 4 e 8 minutos. A condición oposta é a exaculación retardada.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anorgasmia
Categoría:Sexoloxía Categoría:Exaculación