miniatura|Wang Shu.
Wang Shu (chinés simplificado: 王澍; pinyin: Wáng Shù), nado en Ürümqi o 4 de novembro de 1963, é un arquitecto chinés. Gañou o Premio Pritzker de arquitectura no ano 2012, sendo o primeiro chinés en acadar esta distinción. O premio non estivo exento de polémica xa que non incluíu a súa socia e esposa Lu Wenyu, coa que leva traballando toda a súa carreira, a pesar de que o propio Wang Shu a considera igualmente merecedora do galardón.
Traxectoria O estudio Amateur Architecture Studio no que traballa xunto a Lu Wenyu, é un estudio que fai edificios modernos empregando técnicas tradicionais. É habitual nos seus edificios atoparse con materiais reciclados como ocorre no Museo de Ningbo ou como quedou patente na intervención que realizaron para a Bienal de Arquitectura de Venecia de 2006,
Wang Shu é decano de arquitectura na Acadenia Chinesa das Artes onde tamén imparte docencia. Ós seus alumnos obrigaos a traballar durante un ano albanelería en carpintería para familiarizarse con materiais e as técnicas. miniatura|Museo de Arte de Ningbo
Obras destacadas 2003-2008: "Museo de Ningbo", China. 2002-2007: "Novo Campus da Academia Chinesa das Artes", Hangzhou, China (primeira e segunda fase do proxecto). 2001-2005: "Museo de Arte", Ningbo, China. 2006: "Xardín de azulexos", Bienal de Arte en Venecia, Italia. 2003-2006: "Cinco Casas Dispersas", Ningbo, China. 2003-2006: "Casa de Cerámica", Jinhua, China. 2002-2007: "Vivenda Vertical", Hangzhou, China.miniatura|Museo de Ningbo
Notas
Ligazóns externas Obras de Wang Shu na Urbipedia http://www.urbipedia.org/index.php?title=Plantilla:Obras_de_Wang_Shu
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Xinjiang Categoría:Arquitectos