A LU-021 ou Rolda Leste de Lugo, é unha autovía da Xunta de Galicia, circunvala a cidade polo leste, seguindo un trazado case paralelo ao da A-6.
Está subdivida en 2 tramos (N-640 - LU-530, e LU-530 - LU-11) e, a data de decembro do 2009, só o primeiro tramo estaba aberto para a circulación.
Nun futuro continuarase desde o cruzamento coa LU-530 até A Tolda, onde tamén conflúe a LU-11, chegando a acadar os 6 km de lonxitude.
A súa limitación de velocidade é de 100 km/h.
En novembro de 2011 a Deputación Provincial de Lugo esixía á Xunta de Galicia a inmediata apertura desta Ronda Leste.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2009-44602
LU-021 Categoría:Autovías urbanas de España Categoría:Estradas da provincia de Lugo