Salvador Vilar Braamcamp Sobral, nado o 28 de decembro de 1989 en Lisboa, é un cantante portugués. Representou ao seu país no Festival de Eurovisión 2017 e gañou con 785 puntos, converténdose no primeiro gañador de Portugal no festival dende que comezou a participar no ano 1964. Presentouse coa canción "Amar pelos dois" ("Amar polos dous"), escrita pola súa irmá Luísa.
Discografía Álbums Título Detalles do álbum Posición nas listas POR Excuse Me Data de lanzamento: 2 de agosto de 2016 Formato: CD e dixital 10
Sinxelos Título Ano Posición nas listas Álbum POR "Excuse Me" 2016 — Excuse Me "Nem Eu" — "Amar pelos dois" 2017 38
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Representantes de Portugal en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión