Federico Mediante Noceda, nado en Abres (A Veiga) en 1888 de pais de Abres e Conforto, e finado en Madrid en 1951, foi un escritor e xornalista asturiano e ligado a Ribadeo.

Traxectoria miniatura|Federico e José Mediante c. 1930. Fillo do mestre Manuel Mediante, Federico acompañaba ó seu avó materno nas viaxes entre Ribadeo e Xixón no seu barco. Emigrou á Arxentina con 14 anos de idade. Alí tivo varios traballos. En 1907 volveu a España e ingresou como voluntario no Rexemento de Infantaría Príncipe, co que participou na Guerra de Melilla, onde foi feito prisioneiro. Unha vez liberado retornou á súa terra natal.

En 1914 viaxou de novo á Arxentina, onde colaborou con xornais como El Argentino ou El Comercio e fundou La Tarde. Colaborou despois en Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Regional, El Compostelano, La Comarca, Las Riberas del Eo e Vida Gallega.

Traballou de actor de teatro e enrolouse nun circo co que visitou Mercedes, Buenos Aires, onde coñeceu a Horentina Acosta Waytorn coa que casou. Retornou a España, instalándose en Madrid. Alí traballou como explicador de películas de cine mudo.Sánchez Salas, Daniel (1998). "La figura del explicador en los inicios del cine español" pp. 73-84. Actas del VI Congreso de la A.E.H.C .

Anarquista, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Ribadeo onde o seu irmán José rexentaba o Café-Bar Mediante, quedando separado da muller. Ao finalizar a guerra, grazas á carta de recomendación do director de Las Riberas del Eo, puido regresar a Madrid xunto á súa muller. En Ribadeo escribiu Versos de Ausencia e A orillas del Pilcomayo, a súa primeira obra de aventuras, xénero que o faría famoso.

Morreu no 1951 dun cancro de gorxa.

Obra Foi autor de máis dun cento de novelas populares,Cora, Xosé de (13/7/2021). "Federico Mediante, autor de cien novelas, actor, explicador de películas…" . chamadas daquela 'novelas dun duro', empregando varios pseudónimos, H. A. Waytorn (que son as iniciais da súa muller) e outros como Fred Baxter, Norman Lincoln, Walter Brown, Hendrix Keyne, Spencer Scott, J. Medhel, Bill O'Hara, Boris King, King Drake ou Warner Williams. Na Biblioteca nacional de España hai fichas de 272 das súas obras.

Asemade, escribiu poesía e crónicas a ambas beiras do Atántico.

Recoñecementos No 2023 publícase "Federico Mediante, el Salgari español", de Ana Rosa Martínez Loredo, neta súa. En 2024 preséntase en Ribadeo unha segunda edición, lanzada por Eoditorial.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fernández, Martín (14/5/2017). "Federico Mediante, autor de cien novelas populares vinculado al cine y a Ribadeo" La Voz de Galicia . Sánchez Chaves, Alberto (8/6/2016) "Federico Mediante Noceda, el explicador" La Memoria del Bolsilibro .

Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Asturias Categoría:Nados na Veiga, Asturias Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Finados por cancro Categoría:Novelistas de Asturias