María Elena Ballesteros Triguero, coñecida como Elena Ballesteros, nada en Madrid, o 6 de xullo de 1981, é unha actriz española.

Traxectoria Comezou facendo anuncios de publicidade, mentres acudía a castings para conseguir o seu gran soño, ser actriz. Esta oportunidade chegoulle co papel de Lola na serie Más que amigos, en 1996. Nela traballou xunto con Paz Vega, Melani Olivares e Alberto San Juan, entre outros. Nesa mesma época foi presentadora do programa infantil Club Disney, o que lle impediu formar parte de Compañeros malia ser seleccionada logo de presentarse ó casting.Biografía de Elena Ballesteros

A esta serie seguiríalle Periodistas, onde daba vida á filla de José Coronado. Este papel deulle gran popularidade e abriulle as portas do cine. Dende entón rodou ás ordes de directores como Manuel Iborra, Gerardo Herrero, Mariano Barroso ou Roger Young. Cabe destacar Café solo o con ellas de Álvaro Díaz Lorenzo, un dos filmes españois con maior recadación do ano 2007.'Café solo o con ellas' se convierte en la cinta española más taquillera del año Pode mencionarse tamén La habitación de Fermat cunha gran andaina internacional. En 2009 rodou en Buenos Aires o filme Propios y extraños do director Manolo González, cuxo guión foi premiado pola ASGAE.

Vida privada Ten unha filla chamada Jimena froito da súa relación co actor Paco Marín.Casou o 23 de xullo de 2010 co cómico Dani Mateo ó que coñeceu durante a rodaxe de La familia Mata.Dani Mateo y Elena Ballesteros, después de la boda, de luna de miel

A principios de xullo de 2016, ambos confirman o seu divorcio tras 6 anos como parella.Elena Ballesteros y Dani Mateo se divorcian

É irmá da tamén actriz Paula Ballesteros.

Notas

Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Madrid