«Say Yay!» —en galego: «Di que si!»— é unha canción composta por Barei, Rubén Villanueva e Víctor Púa, e interpretada en inglés por Barei. Foi elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión de 2016 na gala de Objetivo Eurovisión onde venceu a outros 5 aspirantes. Lanzouse o 25 de xaneiro dese ano, entrando ao número un de descargas dixitais en España (iTunes) na madrugada do día seguinte, só unhas horas despois do seu lanzamento.

O videoclip foi gravado en Madrid, Barcelona, Estocolmo, Londres, A Habana e Miami.

Festival de Eurovisión Objetivo Eurovisión A canción participou na gala Objetivo Eurovisión, celebrada o 1 de febreiro de 2016. A intérprete, Barei, foi elixida polo público español mediante o hashtag #euroapuesta nas súas redes sociais, e foi anunciada entre o seis candidaturas propostas o 29 de decembro de 2015; mentres que a canción estreouse un día despois xunto ás demais cancións do certame. Finalmente, a canción declarouse gañadora da gala con 114 puntos, e sendo así elixida para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión de 2016.

A elección desta canción foi motivo de polémica ao ser a primeira que RTVE enviou con toda a letra en inglés desde o seu debut en 1961. O académico da Real Academia Española, José María Merino, cualificou o feito de «disparate». TVE xa incluíu parcialmente este idioma en 1988, 2002, 2007, 2009 e 2014, así como o francés en 1978.

Festival da Canción de Eurovisión 2016 Esta canción foi a representación española no Festival da Canción de Eurovisión 2016.

Non participou en ningunha semifinal, xa que é un país membro do «Big 5» (o grupo de países que pasa directamente á final, sen ter que participar nas dúas semifinais), pero fixo unha actuación extra na Semifinal 1.

Así, a canción foi interpretada en 19º lugar durante a final celebrada o sábado 14 de maio dese ano, precedida por Rusia con Sergey Lazarev interpretando «You are the only one» e seguida por Letonia con Justs interpretando «Heartbeat». Finalmente, a canción quedou en 22º posto con 77 puntos.

Formatos Descarga dixital

Listas

Semanais PaísListaPrimeira semanaPosición de ingresoMellor posiciónSemanas na mellor posiciónSemanas na listaÚltima semanaRef. Top 100 Cancións + Streaming (Promusicae)29 de xaneiro de 20169536115Actualmente seguen en listaTop 50 Cancións (spanishcharts)31 de xaneiro de 20166311025 de maio de 2016 International Federation of the Phonographic Industry (IFPI)18 de maio de 201663631118 de maio de 2016 National Syndicate of Phonographic Publishing (SNEP)18 de maio de 20161831831118 de maio de 2016

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Festival da Canción de Eurovisión 2016 España no Festival da Canción de Eurovisión

Categoría:Cancións de España en Eurovisión