Jesús Vieiro Gómez, nado en Santiago de Compostela en 1902, foi un latoeiro e sindicalista galego.
Traxectoria Latoeiro que desenvolveu a súa actividade no Sindicato Metalúrgico de Santiago. Aliñado no sector moderado do obreirismo compostelán, estaba vinculado ao Partido Sindicalista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular e foi detido nos primeiros días. Puxérono en liberdade o 28 de agosto por erro. Agochouse baixo unha corte onde estivo, atendido polos correlixionarios, até 1945. Volveu á actividade cara 1946, como vogal da Federación Local de Santiago na Clandestinidade. Detido en 1947, foi xulgado por actividades subversivas e condenado a cadea perpetua. Cumpriu condena no cárcere da Parda, de onde saíu en liberdade condicional en marzo de 1950.BOE, 5-3-1950, p. 1033.
Vida persoal Casou con Pastora Domínguez Costa en decembro de 1945.El Correo Gallego, 15-12-1945, p. 2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes