Lionor Plantagenet ou Lionor de Inglaterra, nada no castelo de Domfront, en Normandía, o 13 de outubro de 1160,Abbreviationes ChronicorumA data é dubidosa pois hai varias referencias. A casa ducal de Medinaceli indica o 13 de outubro de 1162 . e finada no Mosteiro das Huelgas de Burgos, 31 de outubro de 1214,Annales CompostellaniDe novo, a casa ducal de Medinaceli, indica o 25 de outubro de 1214. foi princesa de Inglaterra, filla de Henrique II de Inglaterra e da súa esposa a raíña Aliénor de Aquitania, e raíña consorte de Castela entre os anos 1170 e 1214, polo seu matrimonio co rei Afonso VIII de Castela. Foi nai, entre outros, dos reis Henrique I de Castela e Berenguela de León e Castela.

Orixes familiares Filla do rei Henrique II de Inglaterra e da súa esposa, a raíña Aliénor de Aquitania, os seus avós paternos foron Godofredo de Anjou e a súa esposa Matilde de Inglaterra, filla do rei Henrique I de Inglaterra. Por parte materna, os seus avós foron Guillerme X de Poitiers, conde de Poitiers, e Lionor de Châtellerault, duquesa de Aquitania. Tivo varios irmáns, entre eles Ricardo Corazón de León e Xoán sen Terra, monarcas de Inglaterra.

Traxectoria Naceu en 1160Martínez Díez (2007), p. 41.. Cando tiña 10 anos, en setembro de 1170, celebráronse os seus esponsais na cidade de Tarazona, con Afonso VIII de Castela, fillo do rei Sancho III de Castela, que foi coroado na cidade de Burgos o ano anterior. Antes de casar, os seus pais, os reis de Inglaterra, concederon á súa filla como dote o ducado de Aquitania, que pertencía á súa nai, a raíña Lionor. Afonso VIII regaloulle como dote á súa esposa os castelos de Burgos e Castrojeriz, Amaya, Avia, Saldaña, Monzón de Campos,Carrión de los Condes, Dueñas, Tariego de Cerrato, Cabezón, Medina del Campo, Astudillo, Aguilar e Villaescusa, e as rendas do porto de Santander, Cabedo, Besgo de Santillana, Tudela, Calahorra, Arnedo, Vigera, Metria, as do castelo e cidade de Nájera, Logroño, Grañón, Belorado, Pancorbo, Poza de la Sal... e ademais dooulle a metade dos territorios conquistados aos musulmáns desde que o seu matrimonio foi celebrado Arco y Garay (1954), p. 241..

O matrimonio serviu para reforzar a fronteira pirenaica, e Lionor Plantagenet achegou, ademais, como dote de voda o condado de Gascuña que Afonso VIII nunca puido anexionar á coroa de Castela. Con todo, numerosos cabaleiros gascóns viñeron á península para axudar ao seu señor na loita contra os almohades.

Cara ao ano 1180 o monarca castelán e a súa esposa decidiron fundar un mosteiro de monxas cistercienses, o Mosteiro de las Huelgas, na cidade de Burgos. Aquela fundación, dependente en principio do Mosteiro de Santa María da Caridade de Tulebras (en Navarra), converteuse desde 1187, por desexo dos reis, en casa nai de tódalas as abadías cistercienses no territorio de Castela e foi elixido por Afonso VIII e a súa esposa como panteón real para eles e os seus descendentes.

A raíña ordenou edificar na Catedral de Toledo, unha capela dedicada a santo Thomas Becket ou Tomás Canturiense, que foi a primeira dedicada ao santo británico fóra das Illas británicas. A capela non se conserva na actualidade porque foi destruída e o seu espazo pasou a formar parte da capela de Santiago da Catedral de Toledo, que foi edificada polo condestable Álvaro de Luna para construír a súa propia capela funeraria. Así mesmo en 1183, sobre o soar da mesquita de Cuenca, cidade castelá reconquistada en 1177, ela ordenou que se comezase a construír a Catedral de Santa María e San Julián de Cuenca, de estilo gótico anglo-normando.

Faleceu o 31 de outubro de 1214, varias semanas despois do falecemento do seu marido, ocorrido o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi raíña rexente de Castela durante 24 días. Arco y Garay (1954), p. 248.

Matrimonio e descendencia Froito do seu matrimonio con Afonso VIII naceron dez fillos dos que quedan constancia documental, aínda que probablemente houberon máis:González González (1960), pp. 194-212.Martínez Díez (2007), pp. 43-53. Berenguela de León e Castela (Segovia, 1 de xuño de 1179 - Mosteiro das Huelgas, 8 de novembro de 1246), raíña de Castela e esposa de Afonso IX de León.Martínez Díez (2007), pp. 46-47. Sancho de Castela (5 de abril de 1181 - 9 de xullo de 1181), foi o primeiro príncipe herdeiro de Castela. Morreu pouco despois de cumprir os tres meses.Martínez Díez (2007), pp. 47-48. Sancha de Castela (1182 - 1184). A derradeira referencia documental é de 1184. Está enterrada no panteón familiar no Mosteiro de las Huelgas.Martínez Díez (2007), p. 48. González González (1960), p. 203. Urraca de Castela (1186 - 2 de novembro de 1220), raíña consorte de Portugal, polo seu matrimonio con Afonso II de Portugal.Martínez Díez (2007), pp. 48-49. Branca de Castela (Palencia, 1188 - Melun, 1252). Foi raíña consorte de Francia polo seu matrimonio con Lois VIII de Francia, e fundadora do mosteiro de monxas cistercienses de Maubuisson.Martínez Díez (2007), p. 49. Fernando de Castela (Cuenca, 29 de novembro de 1189 - Madrid, 14 de outubro de 1211), príncipe herdeiro de Castela. Martínez Díez (2007), pp. 49-50. Mafalda de Castela (Plasencia, 1191 - Salamanca, 1204).Martínez Díez (2007), pp. 50-51. Lionor de Castela (1190 - 1244), raíña consorte de Aragón, polo seu matrimonio con Xaime I de Aragón.Martínez Díez (2007), pp. 51-52. Constanza de Castela (? - 2 de xaneiro de 1243), abadesa do Mosteiro cisterciense de las Huelgas, en Burgos.Martínez Díez (2007), p. 52. Henrique I de Castela (14 de abril de 1204-Palencia, 1217), sucesor de Afonso VIII.Martínez Díez (2007), pp. 52-53.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Colmeiro y Penido, Manuel (1883). Cortes de los antiguos Reinos de León y de Castilla. Madrid: Establecimiento tipográfico de los sucesores de Rivadeneyra, impresores de la Real Casa. OCLC 493127914 Gómez Moreno, Manuel (1946). Instituto Diego Velázquez. Consejo Superior de Investigaciones Científicas, ed. El Panteón de las Huelgas Reales de Burgos. Madrid. Arco y Garay, Ricardo (1954). Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. CSIC.OCLC 11366237. González González, Julio (1960). El reino de Castilla en la época de Alfonso VIII. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). OCLC 174572574. Elorza, Juan C.; Vaquero, Lourdes; Castilla, Belén; Negro, Marta (1990). El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla (2ª edición). Valladolid: Editorial Evergráficas S.A. editor = Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social. ISBN 84-241-9999-5. Martínez Díez, Gonzalo (2007). Alfonso VIII, rey de Castilla y Toledo (1158-1214). Gijón: Ediciones Trea. ISBN 978-84-9704-327-4. Cerda, José Manuel (2011). «La dot gasconne d'Aliénor d'Angleterre. Entre royaume de Castille, royaume de France et royaume d'Angleterre». Cahiers de civilisation médiévale (en francés) 54 (215). ISSN 0007-9731. Cerda , José Manuel (2012). «Leonor Plantagenet y la consolidación castellana en el reino de Alfonso VIII». Anuario de Estudios Medievales 42 (2). ISSN 0066-5061. Cerda, José Manuel (2013). The marriage of Alfonso VIII of Castile and Leonor Plantagenet : the first bond between Spain and England in the Middle Ages. Les stratégies matrimoniales dans l’aristocratie (xe-xiiie siècle). Cerda, José Manuel (2016). Leonor Plantagenet and the cult of Thomas Becket, in Castile, The Cult of St Thomas Becket in the Plantagenet World, Boydell Press. Cerda, José Manuel  (2016). Matrimonio y patrimonio. La carta de arras de Leonor Plantagenet, reina consorte de Castilla. Anuario de Estudios Medievales, vol. 2.

Ligazóns externas Xenealoxía da raíña Leonor Plantagenet (en inglés) Fotos do sepulcro de Afonso VIII e Leonor Plantagenet no Mosteiro de las Huelgas Oitavo Centenario de Afonso VIII e Leonor Plantagenet 1214-2014 Página web do Mosteiro de Santa María la Real de Las Huelgas de Burgos

Categoría:Casa de Plantagenet Categoría:Finados en 1214 Categoría:Rexentes de Castela Categoría:Nados en 1160