Xoán Manuel Abreu Fernández, nado en Vigo o 10 de abril de 1965, é un director de escena e actor galego. Traxectoria En 2010 licenciouse en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Formouse tamén en materia actoral, canto coral, danza, baile deportivo, espazo escénico, coreografía, ortofonía, canto e iluminación teatral. Fai parte da compañía teatral Avento Producións.

dereita|miniatura|Xoán Abreu (no centro), con Bea Campos e Marcos Alonso, en Como sobrevivir a unha apocalipse zombi.

En 1985 integrouse como actor no grupo de teatro Ítaca, de Santiago de Compostela e, desde 1988, fai parte do grupo de teatro Avento, de Vigo, compañía á que ficará ligado até a actualidade.“Hai infinitas formas de vivir a dor, e esa é unha das cousas que nos fan iguais como seres humanos”, entrevista en Praza. En 1994 ingresou no grupo de teatro Artello, co cal realiza unha xira polo Brasil.

Desde 1991 dirixe a maioría das producións de Avento, e na primeira década do século gaña numerosos premios de dirección, posta en escena e actuación en certames de teatro de ámbito estatal. En 2014 a compañía profesionalízase baixo o nome Avento Producións.

Nos últimos anos ten dirixido musicais, como Fantasticks ou Hansel e Gretel, así como pezas de autores actuais, como BU21, presentada en Vigo tan só uns meses despois da súa estrea en Londres nunha produción de Kuleshov Theatre .

Deu aulas en escolas de teatro e de baile, e fixo pequenos papeis no cine e na televisión.

Teatro Ítaca Eclipse total (1985, actor) The Fantasticks. Musical (1988, actor) Grupo de Teatro Avento Imos botar (dirixida por Armando Freiría, 1989, actor) Para ti, Shakespeare (dirixida por An Alfaya, 1990, actor) Artello Batea (1994) Compañía de teatro Avento Rin rin (1992, director, dramaturxia, actor) Quen matou a Mari Lauri? (1996, director, dramaturxia, actor) Papá e mamá están ben (1998, director) Boas noites, mamá (2002, director) E agora que facemos? (2004, director e actor) Monstros (2006, director e actor) A insólita historia de Jimmy Pelostristes (2008, director, coreógrafo e actor) Humano. The game (2010, director e actor) Fantasticks (musical, 2012, director, coreógrafo, actor) Escena T Mambo (de Juan Antonio Castillo, 2012, director e actor) Catrocadeiras O Feo (de Marius von Mayenburg, 2013, actor) Avento Producións Laranxus 7 (infantil, monicreques, 2014, dramaturxia, director e manipulador) Hansel e Gretel (musical infantil, 2015, director, dramaturxia e música). O Mago de Oz (musical infantil, 2015 director, dramaturxia e música). Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016, actor e axudante de dirección). BU21 (de Stuart Slade, 2017, director). Aladino e a lámpada marabillosa'' (musical infantil, 2018, director, dramaturxia, música e actor).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Consultábel en: Emprender coa palabra, na escena. Mambo, amore, power "Hai infinitas formas de vivir a dor e esa é unha das cousas que nos fan iguais como seres humanos". Entrevista no Praza sobre BU21. "A maxia e o xenio", artigo de Vanesa M. Sotelo na revista Erregueté. Ligazóns externas Páxina de Avento Producións no Facebook Páxina de Teatro Avento BU21 na páxina de Ártika 17px BU21 de Stuart Slade 17px Hansel e Gretel 17px A insólita historia de Jimmy Pelos Tristes

Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1965