Tragic Kingdom é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo No Doubt, publicado o 10 de outubro de 1995 a través do selo Trauma Records, unha división de Interscope Records. É o derradeiro disco en contar co teclista orixinal Eric Stefani, que deixou o grupo en 1994. O álbum foi producido por Matthew Wilder e gravado en 11 estudios distintos da área dos Ánxeles entre marzo de 1993 e outubro de 1995. Editáronse un total de sete sinxelos de Tragic Kingdom ata 1998, incluídos "Just a Girl", que entrou na lista Billboard Hot 100 e na lista británica de sinxelos; e "Don't Speak", que foi número 1 da Billboard Hot 100 Airplay e entrou no top 5 de moitas listas internacionais.

O álbum tivo críticas xeralmente positivas. A banda conseguiu nomeacións aos Grammy ao Mellor artista novos e Mellor álbum de rock. O disco vendeu ao redor de 16 millóns de copias en todo o mundo e foi certificado diamante pola RIAA nos Estados Unidos e o Canadá, platino no Reino Unido e triplo platino en Australia. Tragic Kingdom axudou a iniciar o rexurdimento do ska dos 90, persuadindo aos selos discográficos a apostar por máis bandas do xénero e levándoas cara ao público xeral. A revista Rolling Stone situou o álbum no número 441 da súa lista dos 500 mellores álbums de todos os tempos.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de No Doubt Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums producidos por Matthew Wilder Categoría:Álbums de Trauma Records