Susana Martínez-Conde, nada na Coruña o 1 de outubro de 1969 é unha científica neuronal galega.
Traxectoria Susana é licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutora en Medicina polo programa de neurociencia da Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de oftalmoloxía, neuroloxía, fisioloxía e farmacoloxía na Universidade Estatal de Nova York, no Centro Médico Downstate, onde dirixe o Laboratorio de Neurociencia Integrativa. Dirixiu laboratorios anteriormente no Barrow Neurological Instituto e no University College de Londres.
As súas investigacións tratan sobre a neurociencia perceptual, cognitiva e oculomotor. É coñecida polos seus estudos sobre as ilusións, os movementos do ollo e percepción e os trastornos neurolóxicos.
Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Susana Martínez-Conde: “Hay que fomentar el idealismo en la gente joven” no blog Mujeres con Ciencia
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela