Cristóbal Parralo Aguilera, nado en Priego de Córdoba (Córdoba) o 21 de agosto de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española. Dende 2021 e ata comezos de 2025 adestrou o Racing de Ferrol.

Traxectoria Adestrador O 27 de xuño de 2016 fíxose oficial a súa contratación polo Deportivo da Coruña para adestrar o seu equipo filial, en Terceira División. Nesa mesma campaña o equipo logrou o ascenso a Segunda División B, logo de ser campión de grupo e superar ao CP Cacereño na promoción de ascenso.

O 24 de outubro de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, logo da destitución de Pepe Mel, facéndose cargo do filial temporalmente Cristóbal Coméndez e Manuel Pablo. O 4 de febreiro de 2018 foi cesado, debido aos malos resultados (2 vitorias, 3 empates e 7 derrotas). O seu substituto foi Clarence Seedorf.

Adestrou o Rácing de Ferrol de 2021 a 2025. Co clube depatamental conseguiu o ascenso a 2ª División. Logo dunha serie de malos resultados e unha derrota ante o líder por 6-0, foi destituído en xaneiro de 2025.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do adestrador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Priego de Córdoba Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do CD Logroñés Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Girona FC Categoría:Adestradores do Deportivo Fabril Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores do AD Alcorcón Categoría:Adestradores do Racing de Santander Categoría:Adestradores do Racing de Ferrol Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Directores deportivos de fútbol de España