Flora Louise Shaw, nada o 19 de decembro de 1852 e finada o 25 de xaneiro de 1929, foi unha xornalista e escritora británica. Atribúeselle o ter acuñado o nome "Nixeria".

Traxectoria Infancia Flora Louisa Shaw naceu no número 2 de Dundas Terrace, Woolwich, foi a cuarta de catorce irmáns, filla dun pai inglés, Capitán (despois Major General) George Shaw, e unha nai francesa, Marie Adrienne Josephine (nada Desfontaines; 1826–1871), unha nativa de Mauricio. Tivo nove irmás, a primeira e a última morreron na infancia, e catro irmáns. O seu avó por parte de pai foi Sir Frederick Shaw, terceiro baronete (1799–1876), de Bushy Park, Dublín, membro do parlamento de 1830 a 1848 e considerado como o líder dos conservadores irlandeses. A súa avoa por parte de pai, Thomasine Emily, foi a sexta filla de Honorable George Jocelyn e neta de Robert, o primeiro conde de Roden.Bell; Enid Moberly. Flora Shaw, Lady Lugard, D.B.E. data 1947. Ed. Constable. Londres. Data do acceso: 11 de outubro de 2014.

Escritura para nenos Entre 1878 e 1886 Shaw escribiu cinco novelas, catro para a infancia e unha para a mocidade. Nos seus libros, as mozas son animadas a ser resoltas e valentes, mais nun encadramento tradicional, actuando como apoio de pais "cabaleirosos" e futuros maridos máis que no seu propio beneficio. A ideoloxía de Shaw é tanto sexualmente conservadora como imperialista.

Castle Blair: A story of youthful days (Primeiro publicada en Londres, 1877). Hector, a story (Primeiro seriada en Aunt Judy's Magazine, 1880-1881). Phyllis Browne (Primeiro seriada en Aunt Judy's Magazine, 1881-1882). A Sea Change (Primeiro publicada en Londres, 1885). Colonel Cheswick's Campaign (Boston, 1886)..

A súa primeira novela para nenos, Castle Blair, foi traducida a varios idiomas e continuou sendo moi popular en Gran Bretaña e nos Estados Unidos no século XX. Estaba baseada nas súas propias experiencias de infancia angloirlandesa. Charlotte Yonge recomendouna xunto cos traballos de "algúns dos autores máis respectados e máis encantadores na tardía Inglaterra vitoriana " como "salvaxe ... atractiva e excitante ". O crítico John Ruskin considerou Castle Blair como "boa e fermosa, e auténtica'".

Shaw tamén escribiu unha historia de Australia para nenos, The story of Australia (Londres: Horace Marshall, 1897) como parte da serie Story of the Empire.Carrintong, Bridget. Capítulo 'Good, and lovely, and true': A consideration of the contribution and legacy of Flora Shaw's fiction for children. Título: A Victorian quartet: four forgotten women writers. Data: 2008. Editor: Pied Piper. Lugar: Shenstone. Isbn=978-0-9552106-5-5

Xornalismo Comezou a súa carreira no xornalismo en 1886, escribindo para Pall Mall Gazette e o Manchester Guardian. Foi enviada polo xornal Manchester Guardian como a única muller xornalista para cubrir a Conferencia contra a escravitude en Bruxelas. Converteuse en Colonial Editor para The Times, sendo a muller xornalista mellor pagada do seu tempo. Neste sentido o xornal enviouna como correspondente especial a África do Sur en 1892 e en 1901, e a Australia e Nova Zelandia en 1892, en parte para o estudo da cuestión do traballo dos kanakas nas plantacións de azucre de Queensland. Tamén fixo dúas viaxes a Canadá, en 1893 e 1898, a segunda delas incluíu unha viaxe ás minas de ouro de Klondike.

A súa crenza nos beneficios do Imperio Británico inspiraron a súa escritura. Como correspondente para The Times, Shaw mandou "Cartas" de 1892–93 das súas viaxes a África do Sur e Australia, as últimas publicadas en forma de libro como Letters from South Africa (1893). Escribindo para os educados círculos de goberno, centrouse nas posibilidades de crecemento económico e consolidación política desas mesmas colonias autogobernadas dentro dun Imperio Británico máis unido, unha visión en gran parte miope da forza dos nacionalismos coloniais e das propias identidades locais. Estes longos artigos nun xornal diario importante revela un imaxinario metropolitano de espazo e tempo colonial dunha tardía época vitoriana. Shaw proxectou vastos espazos baleiros na espera dos enérxicos colonos ingleses e das iniciativas económicas. Observando as novas paisaxes desde un vagón dun tren, por exemplo, seleccionou imaxes que lle servirían como potentes metáforas do tempo e movemento na construción de identidades raciais. A súa designación como Colonial Editor para The Times permitiulle viaxar de parte a parte do Imperio Británico.

Un aspecto pouco coñecido da súa prominente carreira foi que ao inicio de comezar a escribir para The Times, escribiu baixo o nome de F. Shaw, tratando de disfrazar o feito de ser unha muller. Máis tarde foi tan valorada que non precisou esta ocultación e escribiu abertamente como Flora Shaw, e foi considerada dentro das/dos máis grandes xornalistas do seu tempo, especialmente en política e economía.

Zebehr Pasha Shaw primeiro aproveitou a oportunidade xornalística mentres visitaba os amigos da familia, os Younghusbands, en Xibraltar en 1886. Alí, durante catro meses, visitou a Zebehr Pasha, un exgobernador sudanés escravista, que fora encarcerado alí. As súas crónicas presuntamente lideraron a súa liberación.

Jameson Raid Flora foi requirida para testificar diante da comisión de investigación da Cámara dos Comúns na Unión Surafricana durante a controversia política que rodeou a Jameson Raid no Transvaal o 29 de decembro de 1895. Flora Shaw tiña correspondencia frecuente cos implicados ou sospeitosos de implicación, incluíndo Cecil Rhodes, Leander Starr Jameson, Coronel Francis Rhodes, e o Secretario Colonial, Joseph Chamberlain. Foi exonerada de todos os cargos.

Nomeando Nixeria Nun ensaio que primeiro apareceu en The Times de Londres o 8 de xaneiro 1897 por " Miss Shaw", suxeriu o nome "Nixeria" para o protectorado británico no río Níxer. No seu ensaio Shaw estaba tratando de acurtar o termo que debería usarse para a "aglomeración de Estados Mahometanos e pagáns " que funcionaban baixo o título oficial, " Royal Niger Company Territories". Pensou que o termo "Royal Niger Company Territories" era demasiado longo para ser usado como o nome dun Real Estate Property baixo a Trading Company nesa parte de África. Estaba na procura dun nome novo e acuñou "Nixeria" preferíndoo a termos como "Sudán Central " que era asociado coa área por algúns xeógrafos e viaxeiros. Pensou que o termo "Sudán" nese tempo estaba asociado co territorio na cunca do Nilo, o actual Sudán. Daquela presentou este argumento en The Times de 8 de xaneiro 1897 así: "O nome Nixeria aplicado a ningunha outra parte de África pode, sen ofensa para a veciñanza, ser aceptado como co-extensivo cos territorios sobre os que a Compañía Real de Níxer foi estendendo a influencia británica, e pode servir para diferencialos igualmente das colonias de Lagos e o Protectorado Níxer na costa e dos territorios franceses do Alto Níxer."

Lady Lugard Shaw estivo próxima aos tres homes máis representativos do imperio en África: Cecil Rhodes, George Goldie e Frederick Lugard.

Casou, o 10 de xuño de 1902, co administrador colonial, Sir Frederick Lugard, ao que en 1928 lle fora outorgado o título de Baron Lugard. Flora Shaw acompañouno cando serviu como Gobernador de Hong Kong (1907–1912) e como Gobernador-Xeneral de Nixeria (1914–1919). Non tiveron fillos.

En 1905 Shaw escribiu a que quedaría como a historia definitiva do Sudán occidental e a colonización moderna da Rexión Norte de Nixeria, A Tropical Dependency: An Outline of the Ancient History of the Western Soudan, With an Account of the Modern Settlement of Northern Nigeria (Londres: Nisbet, 1905).

Mentres viviron en Hong Kong axudou o seu marido a establecer a Universidade de Hong Kong. Durante a Primeira Guerra Mundial, destacou na fundación do Comité de Refuxiados da Guerra, que tratou o problema dos refuxiados belgas, e fundou o Lady Lugard Hospitality Committee. Foi honrada no ano 1918 polo rei Xurxo V coa Orde do Imperio Británico.

Morreu de pneumonía o 25 de xaneiro de 1929, aos 76 anos, en Surrey.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Xornalistas de Inglaterra Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1929 Categoría:Nados en Londres