El Luchador foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa entre 1931 e 1932.

Historia e características Órgano oficial do Partido Republicano Radical Socialista de Vilagarcía de Arousa, apareceu en 1931. Entre os seus colaboradores figurou Jesús Pedrido Ferrer. Dedicou o seu número 14 á figura de Cristovo Colón. Publicou un número extraordinario o 14 de abril de 1932 dedicado á figura de Joaquín Costa.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Viana Martínez, Victor (sen data). Vilagarcía de Arousa durante la II República Revista eSmás . Xornais na historia de Vilagarcía de Arousa patrimoniovilagarcia.com

Categoría:Prensa escrita de Vilagarcía de Arousa Categoría:1931 en Galicia