José Posada Herrera, nado o 31 de marzo de 1814 en Posada de Llanes, Llanes, Asturias, e finado o 7 de setembro de 1885, tamén en Llanes, foi un avogado e político español.

Traxectoria Estudou Dereito e Economía na Universidade de Oviedo onde foi nomeado profesor de Economía Política en 1838. Foi profesor da Escola especial de Administración en 1843, membro da Real Academia de Moral e Ciencias Políticas (1857), da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación (1864) e presidente do Ateneo de Madrid.Listaxe de presidentes do Ateneo

Desde o ano 1839 comezou unha intensa actividade política que o fixo testemuña e protagonista excepcional do seu axitado tempo. Durante o período entre 1839-1841, foi deputado por Asturias polo Partido Progresista, mais a partir de 1842 achegouse ás filas do Partido Moderado, combatendo con dureza ao seu antigo compañeiro Salustiano Olózaga Almandoz e colaborou na caída da rexencia de Espartero, destacando, con todo, pola súa independencia como parlamentario.

Nomeado ministro de Gobernación (entre 1858 e 1865), nos gobernos presididos por Francisco Javier de Istúriz e Leopoldo O'Donnell, onde foi denominado "o gran elector",Mesonero Romanos (en Memorias de un setentón, natural y vecino de Madrid. II, na nota 10) afirma que o alcume fora creado por Olózaga. pola falta de escrúpulos e a habelenza, para que nas eleccións o goberno mantivese o control do resultado, para acada-la vitoria.Gran Enciclopedia Larousse, ISBN 84-320-7370-9. Entrada: Gobernación, ministerio de la

En 1868 pasou a ser embaixador perante a Santa Sé en Roma para conseguir a reconciliación desta coa Revolución. Participou na redacción das Constitucións de 1869 e 1876, chegando a ser elixido por unanimidade, en 1876 durante a Restauración, presidente da cámara dos Deputados. Ocupou importantes cargos políticos como membro do Consello Real, e Presidente do Consello de Estado (1881).

Finalmente, chegou a ser Presidente do Consello de Ministros dende o 10 de outubro de 1883 –nese momento como pertencente a Izquierda Dinástica- durante pouco tempo pois Sagasta, o 18 de xaneiro de 1884, conseguiu tombar o goberno. Pretendeu levar a cabo varias reformas pero o seu goberno deixou case tódalas súas reformas inacabadas.

Pouco antes de morrer, recibiu de Afonso XII a condecoración do Vélaro de Ouro.

Obra xurídica Dentro do seu traballo como xurista, destacan os catro volumes de Lecciones de AdministraciónEdición en Google Books: vol. III (1843) reproducidos, os tres primeiros, polo Instituto Nacional de Administración Pública, en 1978 e o cuarto -que foi pensado para ser perdido– dedicado á Beneficienca Pública, polo Servizo de Publicacións da Universidade de Oviedo, en 1995, grazas á investigación que fixo Francisco Sosa Wagner –profesor de Dereito Administrativo na Universidade de León- sobre o autor a quen considera o pai do Dereito Público en España e a quen se refiren dous dos seus últimos traballos: Posada Herrera actor y testigo del siglo XIX (1995) e La construcción del Estado y del Derecho Administrativo: ideario jurídico-político de Posada Herrera (2001). Para outros especialistas tamén é considerado como o "pai da ciencia administrativa española".

A investigación sobre este autor, especialmente sobre a súa actuación como parlamentario e político, é de grande interese actual, estando pendentes de publicación por varias investigacións, sobre o seu arquivo privado, que contén numerosos documentos e correspondencia con contido político e legal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Goberno de José de Posada Herrera Izquierda Dinástica

Ligazóns externas Os gobernos do reino de España de 1833 - 1868 Relación histórica de Presidentes do Consejo de Ministros y del Gobierno.

Categoría:Presidentes do Congreso dos Deputados Categoría:Profesores da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Ministros de España Categoría:Nados en Llanes Categoría:Presidentes de España Categoría:Políticos do Partido Moderado Categoría:Políticos do Partido Progresista Categoría:Políticos de Izquierda Dinástica Categoría:Ministros do Interior de España