O Adelaide Oval é o principal estadio deportivo da cidade de Adelaida, en Australia. O seu terreo de xogo con forma oval serve para a práctica do crícket e do fútbol australiano, malia que tamén pode ser empregado para o fútbol ou o rugby. O recinto foi aberto en 1871 e despois da última reforma rematada en 2014 a capacidade das bancadas é de 53,583 localidades, o que fai do Adelaide Oval o cuarto estadio de Australia.
Neste estadio xogan os seus encontros como locais os Adelaide Strikers da liga australiana de crícket Twenty20, e dende 2014 tamén os equipos Adelaide Football Club e Port Adelaide Football Club da popular Australian Football League, que até entón tiñan ó Football Park (51,515 localidades) como fogar. Tamén acolle numerosos encontros internacionais das diversas seleccións nacionais de Australia, así como encontros ocasionais do Adelaide United da A-League de fútbol, e concertos de música. O propietario do recinto é o Goberno de Australia Meridional.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Adelaide Oval
Outros artigos Adelaide Strikers Adelaide Football Club Port Adelaide Football Club
Categoría:Australian Football League Categoría:Estadios de crícket Categoría:Estadios de fútbol australiano