miniatura|Distribución das dioceses en Galicia. miniatura|División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.
Orixe e uso O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.
Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).
O termo diocese (de uso máis culto, bispado é máis coloquial) é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.
En Galiza En Galiza están os 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias). Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias). Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias). Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias). Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias). Hai ademais na Galiza territorial de administración política cinco arciprestados do oriente da provincia de Ourense que pertencen á diocese de Astorga.
En 1954 varias parroquias do oriente da provincia de Lugo pertencentes á diocese de Oviedo foron transferidas ás dioceses de Lugo e de Mondoñedo.
Véxase tamén Outros artigos arquidiocese de Santiago de Compostela diocese de Mondoñedo-Ferrol diocese de Tui-Vigo diocese de Lugo diocese de Ourense diocese de Astorga
Ligazóns externas Arcebispado de Santiago de Compostela Diocese de Lugo (algúns en galego e outros en castelán) Diocese de Tui-Vigo (uns en galego, outros en castelán) Bispado de Mondoñedo-Ferrol (único integramente en galego) Bispado de Ourense (en castelán) Bispado de Astorga (en castelán) (dentro das de Castela e León) Conferencia episcopal (dos bispos) española
Categoría:Dioceses