miniatura|Ruínas da abadía de Whitby (Yorkshire norte).A abadía de Whitby, coñecida no período anglosaxón como Streoneshalh, é unha abadía bieita en ruínas situada xunto á beira do mar do Norte no cantil oriental por encima de Whitby en Yorkshire do Norte, Inglaterra. Foi abandonada durante a disolución dos mosteiros ordenada polo rei Henrique VIII. É un monumento clasificado de grao I do English Heritage e o seu museo está aloxado en Cholmley House.
Historia Período anglosaxón miniatura|Localización de Whitby. O primeiro mosteiro foi fundado no ano 657 polo rei de Northumbria, o anglosaxón Oswiu (Oswy ou Oswio) co nome de Streoneshalch (antigo nome de WhitbyJamieson, John. «A History of the Culdees » (en inglés) p. 252. The Christian Identity Forum, 1890. [Consulta: 21-08-2017].). O rei nomeou a dama Hilda, abadesa de Hartlepool e sobriña de Edwin, primeiro rei cristián de Northumbria, como primeira abadesa. O nome Streoneshalh crese que significaba baía fortificada ou baía da torre en referencia a un suposto asentamento romano que existía previamente no lugar, aínda que nunca se demostrou esta afirmación e propuxéronse teorías alternativas, como que o nome signifique asentamento de Streona, en referencia a Eadric Streona, pero é improbable xa que Streona morreu en 1017 e a denominación de Streoneshalh foi moi anterior.
A abadía foi creada como cohospitae ou mosteiro dobre, con monxes e monxas de rito celta separados pero baixo o mando dunha única abadesa, como era costume entre os asentamentos celtas. Foi o fogar do gran poeta do reino de Northumbria, Cædmon. Alí, era o vaqueiro da comunidade mais por iniciativa da abadesa Hilda foi educado para se converter en monxe e crear composicións poéticas e cantos sagrados.
En 664 tivo lugar na abadía o sínodo de Whitby, no que rei Oswiu ditaminou que a Igrexa de Northumbria adoptaría o cálculo romano da Pascua e a tonsura monástica romana, no curucho, en lugar da celta, na fronte de orella a orella. Este sínodo marcou o principio do final da influencia da Igrexa celta e da abadía de Iona no reino e, por extensión, en Inglaterra, en favor dos costumes romanos.
Streoneshalch foi atacado por piratas daneses en sucesivas incursións de Ivar Ragnarsson e Ubba entre 867 e 870 e o lugar permaneceu abatido durante máis de 200 anos. A existencia de Prestebi, ou morada dos sacerdotes en nórdico antigo, no reconto eclesiástico de Domesday pode sinalar que houbo certa reactivación da vida relixiosa despois da destrución danesa'Parishes: Whitby', in A History of the County of York North Riding: Volume 2, ed. William Page (London, 1923), pp. 506-528. British History Online http://www.british-history.ac.uk/vch/yorks/north/vol2/pp506-528 [accessed 19 August 2017].. O antigo mosteiro que posteriormente se daría a Reinfrid estaba composto por unhas 40 ruínas monasteria vel oratoria, similares ás ruínas monásticas irlandesas, con numerosas capelas e celas'Houses of Benedictine monks: Abbey of Whitby', in A History of the County of York: Volume 3, ed. William Page (London, 1974), pp. 101-105. British History Onlinehttp://www.british-history.ac.uk/vch/yorks/vol3/pp101-105 [accessed 19 August 2017]..
Refundación Reinfrid, un soldado de Guillermo o conquistador, converteuse en monxe trala conquista normanda de Inglaterra e viaxou a Streoneshalh'Houses of Benedictine monks: Abbey of Whitby', in A History of the County of York: Volume 3, ed. William Page (London, 1974), pp. 101-105. British History Onlinehttp://www.british-history.ac.uk/vch/yorks/vol3/pp101-105 [accessed 21 August 2017]., que entón era coñecido como Prestebi ou Hwitebi (o "asentamento branco" en nórdico antigo) e pediu a sir William de Percy permiso para habitar as ruínas do mosteiro celta. O barón non só lle outorgou a abadía, senón tamén dous carucatos de terra e medios para a súa reconstrución e manutención. Sir Serlo de Percy, irmán do fundador, uniuse a Reinfrid no novo priorado baixo a advocación de san Pedro e santa Hilda de Whitby, dependente da abadía de Fountains e onde se seguía a regra de san Bieito.
A doazón orixinal de William de Percy non só incluía o mosteiro de San Pedro en Streoneshalch, senón tamén a cidade e o porto de Whitby coa súa igrexa parroquial de Santa María e seis capelas dependentes en Fyling, Hawsker, Sneaton, Ugglebarnby, Dunsley e Aislaby, cinco muíños (entre eles, o de Ruswarp, o lugar de Hackness con dous muíños e a igrexa parroquial de Santa María, ademais da Igrexa de San Pedro en Hackness "onde os nosos monxes serviron a Deus, morreron e foron enterrados" e varios outros agasallos enumerados no memorial do libro do abade.
O primeiro prior dende a refundación, Reinfrid, gobernou durante moitos anos e morreu accidentalmente, sendo soterrado en San Pedro en Hackness. Sucedeuno, como prior, Serlo de Percy.
Disolución e historia posterior O segundo mosteiro durou ata que foi destruído por mandato de Henrique VIII de Inglaterra en 1540, durante a disolución dos mosteiros. En 1914, a abadía de Whitby foi bombardeada polos cruceiros alemáns Von der Tann e Derfflinger, co obxectivo de destruír o posto de sinais de gardacostas sito no extremo do cabo. Scarborough e Hartlepool tamén foron atacados. A abadía sufriu danos considerables durante o ataque, que durou dez minutos.
Influencias literarias Os edificios da abadía quedaron en ruínas e serviron como fonte de pedra, pero seguiu sendo un fito importante para os navegantes e axudou a inspirar o escenario da abadía de Whitby no libro Drácula de Bram Stoker (1897), que se desenvolve nos arredores de Whitby, entre outros lugares. As ruínas son agora propiedade do English Heritage, que é tamén o estamento encargado do seu mantemento.
Na novela Absolution By Murder, de Peter Berresford Ellis e ambientada durante o sínodo de Whitby, a abadía, aínda baixo rito celta, é o escenario dun crime.
Enterramentos notables Oswiu de Northumbria, rei de Bernicia. Edwin de Deira, rei de Deria e Bernicia e venerado como santo. Eahlfleda, viúva de Oswiu e abadesa de Whitby. Ælflæd, filla de Oswiu e Eahlfrith, tamén abadesa de Whitby. Sir William de Percy, primeiro Barón Percy (d.c. 1096), barón normando e cruzado. Sir Richard de Percy, quinto Barón Percy (1166-1243), signatario da Carta Magna.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre a Abadía de Whitby Historia da Abadía de Whitby Historia de Whitby
Categoría:Mosteiros beneditinos Categoría:Historia de Inglaterra Categoría:Orde de San Bieito Categoría:Arquitectura de Inglaterra Categoría:Abadías