Ehmedê Xanî, nado en Hakkari en 1650 e finado en Doğubeyazıt en 1707, foi un escritor, poeta, astrónomo e filósofo kurdo.
Traxectoria Pertencía á tribo khani establecida na provincia Hakkari, na actual Turquía. Mudouse a Bayezid na provincia de Ritkan e alí se asentou. Máis tarde ensinoulles kurdo aos rapaces. Redactou un dicionario rimado árabe-kurdo co título de Nûbihar Mehmed Uzun (2006) Kürt edebiyatına giriş. Ithaki Publishing, p. 27 en 1683 para axudar os nenos no seu proceso de aprendizaxe. A súa obra máis importante é a clásica historia de amor kurda Mem û Zin (1692), considerada un dos piares e a epopea por antonomasia da literatura kurda "Ahmad Khani (1651 - 1707)" Kurdish Academy of Language, e onde Xanî fala da opresión dos kurdos e da falta dun rei que os unifique como pobo, o que fixo que moitos o consideraran o fundador do nacionalismo kurdoF. Shakely "AḤMAD-E ḴĀNI" Encyclopaedia Iranica. Outra das súas obras é Eqîdeya Îmanê que é en parte poema e parte prosa, na obra explica os cinco piares da fe islámica. Publicouse por primeira volta en 2000, en Suecia. Tamén é autor do libro de astronomía e xeografía Erdê Xweda.
Notas
Categoría:Nados en 1650 Categoría:Finados en 1707 Categoría:Escritores en lingua kurda Categoría:Nados en Turquía