Saelred ou Selered de Essex, finado en 746, foi rei de Essex de c. 709 a 746.
Traxectoria O seu dereito ao trono debeuse a ser descendente de Sledd de Essex, o fundador da súa dinastía. Parte do seu reinado produciuse conxuntamente con Swaefberht, quen se pensa que puido gobernar na parte de Middlesex. A súa data de morte coñécese por unha entrada na Crónica anglosaxoa, a pesar de que as circunstancias non foron precisadas.
Saelred foi sucedido por Swithred, neto de Sigeheard. O fillo de Saelred, Sigeric, sucedeu a Swithred.
Como os seus predecesores, Saelred non foi un gobernante independente, senón dependente do reino de Mercia.Barbara Yorke, ‘East Saxons, kings of the (act. late 6th cent.–c.820)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 accessed 9 Feb 2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Saelred en Prosopography of Anglo-Saxon England.
Categoría:Reis de Essex Categoría:Finados en 746